Seguimos presentando a oferta cultural e deportiva das actividades que imos levar a cabo no noso I CAMPUS VERÁN 2018.
Propoñémosvos percorrer as beiras do río Xuvia, ao longo dun paseo de 6,5 km. A súa paisaxe idílico que forma a vexetación e o río xunto a presas, muíños e pontes fan deste paseo unha experiencia para compartir.
O río Xuvia é un dos lugares naturais máis pintorescos de Narón, que nos seus últimos tramos bordea o Monte dos Ancos e alárgase ao chegar á Presa do Rei, que era a que abastecía de auga á Real Fábrica de Moeda de Xuvia.

As fragas das beiras do Xuvia forman un ecosistema único, alternando as húmidas marismas de Chao de Doso e Pedroso, cos treitos da Presa do Rei. Este percorrido recrea todos os sentidos, grazas á súa variada vexetación e o reflexo da mesma na auga. Formada por carballos, castiñeiros, avelairas, chopos, fresnos, ameneiros, salgueiros, acacias e unha serie de arbustos entre flores silvestres, como a melisa e os fentos, ofrécenos unha flora variada e única, como é o caso das marismas de Pedroso, onde brota o liño algodonoso, especie en vías de extinción na Península.
Cada recuncho é unha sorpresa, desde a presa dos antigos muíños de Fabián ou as de Rueda nos muíños de Gradaílle, ata o remanso de Borracáns e a presa do muíño de Ponte de Xuvia.
Para os amantes dos animais este paseo tamén nos convida a observar os corzos que pastan e beben na marxe do río, raposos e jabalíes que baixan desde os montes de Pereiruga e unha enorme variedade de aves e animais acuáticos, sen contar insectos e bolboretas.







