Categoría: Portada

CAMPUS NARON O FREIXO VERANO 2018

A SDCR NARÓN O FREIXO, xunto con LSA presentan un completo CAMPUS para esté verán 2018. Non te perdas do 9 ao 14 de Xullo unha experiencia multidisciplinar que engloba dende o fútbol a visitas culturais, outras actividades deportivas e xornadas con profesionais do fútbol inglés.

Esta semana, subiremos o formulario de inscrición á nosa web, así como máis información sobre as actividades deportivas e culturais. Non fagas plans do 9 ao 14 de xullo, non te podes perder esta experiencia.

VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO

O xoves, xornada festiva en Galicia, a familia do Narón Freixo desprazouse a SIGUEIRO para xogar o VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO, nas categorías PREBENXAMIN e BENXAMIN.
Os pequenos que adestra JORGE, todos de primeiro ano na categoría, conseguiron pasar ás semifinais do Torneo despois dunha vitoria e unha derrota, aínda que non conseguiron chegar á final. Gran Torneo o disputado polos nenos, pero o máis importante, unha xornada de convivencia de todo o equipo, onde todos os familiares gozaron dun día festivo, cunha temperatura primaveral.


En canto aos benxamines, cun empate e unha derrota, non conseguiron a clasificación para as semifinais e accederon aos partidos de consolación, conseguindo gañar a semifinal e a final. Bo Torneo o disputado polos leóns e, do mesmo xeito que os máis pequenos, unha xornada para gozar do futbol e da familia nun día festivo e cunha temperatura inmellorable.

Page 36 of 38
1 32 33 34 35 36 37 38