I CAMPUS VERANO 2018. VISITA ARSENAL FERROL

Seguimos presentando a oferta cultural e deportiva das actividades que imos levar a cabo no noso I CAMPUS VERÁN 2018.

O Xoves día 12 de xullo, en horario matinal, levará a cabo unha visita guiada polas instalacións do Arsenal Militar de Ferrol que incluirá un bautismo de mar nun dos Remolcadores da Armada Española. Durante o bautismo, poderemos contemplar de preto o Castelo de San Felipe e o Castelo da Palma, situados na canle da entrada da Ría de Ferrol. O castelo de San Felipe foi construído no século XVI. Na ría, como se mencionou anteriormente atópase o castelo da Palma e o castelo de San Martín (do que apenas se poden apreciar hoxe unhas ruínas), ambos no municipio de Mugardos. Entre o castelo de San Martín e o castelo de San Felipe tendíase unha grosa cadea no mar que impedía a entrada dos navíos inimigos á ría de Ferrol.

O castelo de San Felipe foi unha prisión para soldados. A finais dos anos setenta xa practicamente non tivo labor militar algún. En setembro de 1996 Defensa anunciou a saída a poxa por un total de 164.900.000 pesetas. Tras quedar deserta a poxa, finalmente foi adquirido no ano 2000 polo Concello de Ferrol por 165.000.000 de pesetas, o cal é o propietario actual.