I CAMPUS VERANO 2018. RUTA SENDERISMO

Seguimos presentando a oferta cultural e deportiva das actividades que imos levar a cabo no noso I CAMPUS VERÁN 2018.

Propoñémosvos percorrer as beiras do río  Xuvia, ao longo dun paseo de 6,5 km. A súa paisaxe  idílico que forma a vexetación e o río xunto a presas, muíños e pontes fan deste paseo unha experiencia para compartir.

O río  Xuvia é un dos lugares naturais máis pintorescos de Narón, que nos seus últimos tramos bordea o Monte dos  Ancos e alárgase ao chegar á Presa  do Rei, que era a que abastecía de auga á Real Fábrica de Moeda de  Xuvia.

As  fragas das beiras do  Xuvia forman un ecosistema único, alternando as húmidas marismas de Chao de  Doso e Pedroso, cos treitos da Presa do Rei. Este percorrido recrea todos os sentidos, grazas á súa variada vexetación e o reflexo da mesma na auga. Formada por  carballos, castiñeiros,  avelairas, chopos,  fresnos,  ameneiros,  salgueiros, acacias e unha serie de arbustos entre flores silvestres, como a  melisa e os  fentos, ofrécenos unha flora variada e única, como é o caso das marismas de Pedroso, onde brota o liño  algodonoso, especie en vías de extinción na Península.

Cada recuncho é unha sorpresa, desde a presa dos antigos muíños de Fabián ou as de Rueda nos muíños de  Gradaílle, ata o remanso de  Borracáns e a presa do muíño de Ponte de  Xuvia.

Para os amantes dos animais este paseo tamén nos convida a observar os corzos que pastan e beben na marxe do río, raposos e  jabalíes que baixan desde os montes de  Pereiruga e unha enorme variedade de aves e animais acuáticos, sen contar insectos e bolboretas.