O noso equipo infantil A participou o pasado 16/06/2018 no torneo Amistade de Meirás 2018; quedamos encadrados no grupo 1 xunto ao Ánimas, Ural B, Calasanz, AT. Vos Castros e Portuarios B.
Empezabamos cedo a nosa participación debido a que ás 9:00 da mañá jugabamos contra o Ánimas e aos 4 minutos un tiro desde fóra da área cóase pola escuadra da portería rival e poñía o 1-0 no marcador; a partir de aí partido intenso e igualado onde no último minuto, nun saque de esquina do Ánimas tentamos despexar con tal mala sorte que o balón acaba aloxado na nosa portería. Non habia tempo para máis acabando este primner partido con empate a un gol .
Comezamos o segundo partido conntra o Ural B e pódese resumir cun partido intenso onde os 2 equipos marcáronse moi de preto con escasas chegadas á área rival, acabando o mesmo con empate a cero goles.
Terceiro partido contra o Calasanz e do mesmo xeito que o anterior , intensidade no xogo por parte dos 2 equipos e nunha xogada en principio sen transcendencia, grazas á insistencia dos nosos roubamos á defensa rival e conseguimos marcar o 1-0 que ao cabo sería o resultado final deste partido.
Afrontamos os dous últimos partidos desta fase de grupos, coñecendo que necesitamos 2 vitorias se queremos meternos en semifinais; así as cousas debemos destacar a determinación do equipo, debido a que saímos no carto partido contra o AT. os Castros a por a vitoria desde o minuto 1, demostrando un bo xogo e superioridade sobre o rival, terminando este partido cun 4-0 ao noso favor.
Colocámonos no quinto partido contra o Portuarios B, sabendo que necesitamos a vitoria e que se se consegue por 3 ou máis goles metémonos en semifinais como primeiros do noso grupo; novamente débese destacar a determinación do equipo debido a que tras uns primeiros minutos de tanteo, rapidamente o noso equipo puxo as cousas en franquía sendo o resultado final de 5-0 ao noso favor.
Chegamos a semifinais e o cruzamento emparéllanos contra o Portuarios A; do mesmo xeito que os choques anteriores, partido intenso e moi igualado con algunha oportunidade e aproximación ás áreas rivais, destacando no derradeiro suspiro unha acción afortunada do noso gardameta onde cunha gran estirada, evita que o balón se coe na nosa portería nun saque de falta.
Así as cousas chegamos á sorte dos penaltis para decidir o pase á final, onde caimos por 6 goles a 5, terminando así a nosa partiipación no torneo.
Gran torneo o realizado polo noso equipo, onde sen perder ningún partido quedáronse fóra dunha final unicamente pola sorte dos lanzamentos desde o punto de penalti, destacando o nivel dos rivais que lles toco enfrentar, algúns deles con xogadores de liga galega de base.
Parabén e aúpa FREIXO