Categoría: Torneos

CRONICA DO XIII TORNEO R.C.D DA CORUÑA MAIO 2016

Acudia o Benxamin «A» do Naron O Freixo aos campos do Mundo do Fútbol de Abegondo co obxectivo de gozar e á vez realizar un bo torneo, e porque non  tentar chegar o máis alto posible despois das boas sensacións transmitidas durante toda a tempada e nos diversos torneos nos que participaramos con anterioridade. Enfrontariámonos a un elenco de equipos do mellorciño de toda Galicia co que tamén teriamos unha boa toma de contacto para o que nos iamos a atopar no campionato provincial a disputar tamén en Abegondo o seguinte sábado 21 de Maio.

Seguir leyendo «CRONICA DO XIII TORNEO R.C.D DA CORUÑA MAIO 2016»

TORNEO FUTSAL TROULA, F.S. BETANZOS

 

TORNEO FUTSAL CATEGORÍA PREBENXAMIN BETANZOS

 

O Troula, F.S. de Betanzos, organizaba o sábado día 21 de maio o seu torneo e, o noso equipo prebenxamín A acudía á cita.

O Torneo estaba dividio en dous grupos e os nosos pequenos, atopábanse dentro do Grupo A, xunto ao Troula, F.S. e o Pontedeume, F.S; no grupo B, estaba formado polo Melide, F.S, Narón Futsal e o CD. Burela, FS.

Os nosos pequenos, realizaron un excelente torneo desde o comezo ata o final e xa, no primeiro partido, impoñíanse con claridade aos locais do Troula por un 4 a 0 nun partido dominado de principio a fin. O segundo partido do grupo, enfrontábanos aos nosos veciños de Eume e, cunha victoría por 15 a 0, os nosos prebenxamines conseguían o liderado do grupo e con iso, o pase directo á final.

Seguir leyendo «TORNEO FUTSAL TROULA, F.S. BETANZOS»

Página 8 de 16
1 4 5 6 7 8 9 10 11 12 16