TORNEO CONVIVENCIA BENXAMIN G-4 ANEIROS – 2016

Xornada de auga e mais auga para comezar o Torneo de Convivencia que disputaba o Benxamín C no día de onte na casa do Portuarios, o Campo de Aneiros en Serantes.

Tocaba o primeiro partido contra o Maniños, e os nosos non conseguían meterse no partido, malas sensacións cando en 20 minutos se decide todo, e estando nestas, o Maniños adiantase e o ceo aínda se puxo mais negro, rapidamente nun minuto empatamos de novo, pero o esforzo dos nosos e a boa actuación do porteiro contrario impediunos levarnos o partido.

En media hora xa volviamos a estar no campo para enfrontarnos ao Cedeira, mais do mesmo, imprecisións, faltas de concentración, e un rival moi físico que non nos deixaba desenrolar o noso xogo, pero aínda así, conseguiamos adiantarnos no partido, e xa a piques de chegar ao final, e xa sen tempo para reaccionar, o Cedeira  onseguía o 1-1 que sería o resultado final.

Chegaba o momento decisivo da fase de grupos, o partido contra O Val, había que gañar e marcar mais de catro tantos para lograr pasar coma segundos, outro día podería parecer unha proba fácil para este equipo, pero onte o estado anímico do equipo era tal a media mañá, que pensar en pasar dun empate parecía unha das 12 probas de Hércules, aquí foi onde entrou en xogo o labor do adestrador, para recuperar os ánimos dun equipo desfondado no anímico que non daba sacado adiante os partidos. E David vaia se fixo o seu traballo, trocou as caras tristes e as lágrimas de despois dos partidos anteriores nos folgos para golear ao Val 5-0 e pasar coma segundos de grupo.

E en cuartos tocounos subir o noso Alpe d’Huez particular desta tempada, xogar co equipo que nos endosou as dúas únicas derrotas na fase final desta Liga, o Animas.

E chegan as 16:25, hora marcada para o noso partido, a auga e os tronos da maña trocáronse por un sol de xustiza para este encontro xogado de poder a poder, 20 minutos de fútbol nos que puido gañar calquera dos dous, para min foi superior o Narón O Freixo. Bo xogo, loita,oportunidades e os do Animas mirando o reloxo e rogando polos penaltis xa que vían que non nos ían gañar e que en calquera das nosas accións podían perder, pero os deuses do fútbol non nos foron propicios, o tempo rematou e chegaron os penaltis. E así rematou todo, eles marcaron, nos non tanto e tocou irse para a casa. Un día mais de aprendizaxe das nosas limitacións e das nosas fortalezas, un día para aprender a perder e a saír adiante ca cabeza moi alta polo traballo feito, moitas grazas a todo o equipo do Benxamín C do Narón O Freixo polo seu gran traballo de onte. Grazas a ti David.

HALA FREIXO!!!

benjamin_c

21

31  41

12