TORNEO CONVIVENCIA CATEGORIA PREBENXAMIN G. 22 E 23

 

TORNEO CONVIVENCIA PREBENXAMIN GRUPOS 22 e 23

 

O fin de semana do 27 ao 29 de maio, tiña lugar no campo de Aneiros – Serantes o torneo de convivencia da categoría prebenxamin, no cal O equipo B do Narón Freixo disputaba a primeira fase no Grupo B, contra o Racing de Ferrol B, San Sadurniño e Ortigueira.

Ás 17.35 comezaba o primeiro dos partidos de 20 minutos que nos enfrontaba aos da Malata e, no primeiros cinco minutos, os pequenos do Freixo non conseguían sacarse o dominio dos nenos de Racing. Con todo, unha vez que se asentaron no campo, comezaron a xogar e saíndo desde a defensa co balón xogado, sucedéronse as ocasións. Nun roubo no mediocampo, foron quen de adiantarse no marcador e nun posterior disparo desde a frontal da área, escorado á dereita, subían o marcador o segundo e ao cabo definitivo 2 a 0. Comezaba ben o torneo para os nosos prebenxamíns.

No segundo partido, o rival era o San Sadurniño. Despois de dominar practicamente todo o encontro, un 4 a 0 era o resultado final, que nos daba moitas opcións para pasar primeiros de grupo.

O terceiro partido, foi moi disputado e co noso porteiro empregándose a fondo, chegaban as ocasións arriba. Con todo, tiñamos que esperar case ata o final para conseguir o único tanto do encontro e o paso a cuartos de final como primeiros de grupo.

O domingo pola mañá, volviamos atopar co Racing de Ferrol B. Despois dun gran partido dos pequenos do Freixo e con tres ocasiones moi claras, non conseguiamos perforar a meta rival e iamonos aos penaltis.

A sorte non nos sorriu esta vez e, despois de non perder nin un so partido e coa nosa portería imbatida, tiñamos que dicir adeus na quenda fátidica. Gran torneo o realizado polos prebenxamíns que demostraron unha vez máis, que compiten contra calquera rival e nunca baixan os brazos. Parabén campións.

 prebenjamin-b-convivenc

Entrenador: Carlos. Arriba, de esquerda a derita. Iker, Nael, Iván, Diego, Aaron, Mati. Abaixo: Diego, Aday, Eneko, Iván e Nico