RESUMO TORNEOS DE SEMANA SANTA (2ª PARTE)

Din por ahi que segundas partes nunca foron boas, pero esta parece que si o foi.

 

Competia o domingo noso Benxamín A no Torneo de Caldas, e na fase de grupos venceu a todolos seus opoñentes, Santiago C.F, Pabellon de Ourense e Pontevedra C.F co cal clasificouse coma primeiro de Grupo  e tivo que cruzarse en cuartos de final co Racing de Ferrol o que conseguiron gañar por tres tantos a dous nun fantastico partido dos do Freixo.

Chegaban as semifinais onde nos tocou xogar a S.D Cristo da Victoria de Vigo, encontro no  o señor xuiz da contenda determinou a sorte dos nosos pitando un penalti na nosa contra, e dificil ser arbitro, pero tamen e dificil ver como se che pechan as portas da final cando converten unha man involuntaria en penalti a so 10 minutos do final. Clasificabase a S.D Cristo da Victoria para a final e ganarialla o Celta de Vigo, e nosoutros disputamos  a Final de Consolacion fronte o Pabellon de Ourense o que lle gañamos por 4-1 xa foran 5-0 na fase de grupos.

Maravilloso o torneo de Caldas disputado polo noso Benxamin A que esta demostrando poder xogar de tu a tu con equipos con moitisimo maior potencial que o noso humilde Narón  Freixo.

Por un problema tecnico non vos podemos ofrecer imaxes do nosos xogadores pero si temos un video da tempestade que tiveron que soportar o sabado para clasificarse para a rolda final.