CRONICA DO XIII TORNEO R.C.D DA CORUÑA MAIO 2016

Acudia o Benxamin “A” do Naron O Freixo aos campos do Mundo do Fútbol de Abegondo co obxectivo de gozar e á vez realizar un bo torneo, e porque non  tentar chegar o máis alto posible despois das boas sensacións transmitidas durante toda a tempada e nos diversos torneos nos que participaramos con anterioridade. Enfrontariámonos a un elenco de equipos do mellorciño de toda Galicia co que tamén teriamos unha boa toma de contacto para o que nos iamos a atopar no campionato provincial a disputar tamén en Abegondo o seguinte sábado 21 de Maio.

O día espectacular para xogar ao fútbol. Día de sol e calor e uns campos en perfectas condicións. As instalacións a tope de público e de xogadores. Di a organización que sobre 10.000 persoas acudiron o día 17 de Maio (día das letras galegas) a gozar da festa de fútbol.

 

Nós iniciabamos a nosa andaina no torneo a unha boa hora, ás 11:15h da mañá ante un rival descoñecido para nos como era o CD Obreiro Oleiros.

Como no torneo de convivencia os partidos disputábanse nun único tempo de 20 minutos o que implica que non hai tempo para os descoidos e hai que saír ben desde o primeiro minuto. Comezamos xogando a un bo nivel aínda que fallons de cara a portería o que fixo que o primeiro tardase en chegar a pesar das numerosas ocasións que tivemos. Finalmente chegaron os goles e o partido resolveuse con ese 4 – 0 a favor dos nosos.

 

Segundo partido e máis fácil do esperado ante o que ao cabo foi o rival máis frouxo do grupo. Seguimos mostrando un bo xogo e o resultado final fala claramente a superioridade dos nosos AD COSTA DE COBAS 0 – SDCR NARON O FREIXO 9. 

Terceiro e último partido desta primeira fase. Á seguinte fase só pasaba o primeiro do grupo así que tiñamos que saír a por a vitoria, aínda que un empate tamén nos valería por ter unha diferenza de goles a favor maior que a do Atlético Arteixo, pero non queriamos ter que recorrer a ela e preferiamos acceder ás roldas do *KO por un acceso directo como campión de grupo.

Empezamos o partido moi ben mostrando o nivel dos partidos anteriores e pronto dominamos o partido e chegaron as ocasións. Con todo do mesmo xeito que nos partidos previos mostrámonos bastante torpes  á hora de definir. Tras un par de boas xogadas puxémonos por diante no marcador e aínda que o Atlético Arteixo A aproximouse nun par de ocasións á meta defendida por Adrián fomos quen de abortalas e así evitar que se achegasen no marcador. Tras o asubío final, 3 – 0, xusto e meritorio triunfo dos nosos que claramente foron mellores que o Atlético Arteixo. Deberes feitos e tocaba esperar rival ás 16:30h. Sería o campión do grupo 28.

Chegaba a hora da verdade. O gañador continuaba e o perdedor íase para casa. Os partidos nestas eliminatorias seguían sendo a un tempo único de 20min. Enfrontabámonos a un equipo tamén campión de grupo pero do que non tiñamos información. Soamente sabiamos que quedara 4º clasificado na súa liga e que seguramente sería un rival duro dado que dos 112 equipos benxamíns que iniciaron a competición xa só quedaban 28.

 

Empezou moi ben o Narón Freixo facéndose dono do partido, do balón e das ocasións pero outra vez máis o balón non quixo entrar e malgastamos ata tres claras ocasións para poñernos por diante no marcador. A partir do minuto 12 o equipo pegou un baixón que aproveitou o rival para xerarnos varias ocasións de moito perigo. Pero non foi ata o minuto 17 cando marcaría o seu gol. De aí ao final, o pouco tempo restante e as precipitacións fixeron que fosen os monfortinos os que accedesen á seguinte rolda, deixando nos nosos unha sensación agridoce xa que entendiamos que no cómputo xeral do partido foramos mellores pero soamente a mala fortuna de non meter o balón entre os tres paus deixábanos fóra. De feito, e como curiosidade, dicir que o equipo encaixou 1 gol en todo o torneo pero suficiente para cortarnos o paso cara á seguinte eliminatoria. Así é o fútbol.

 

Crónica de Cesar Fraga