Categoría: Noticias del club

HORARIOS KICKBOXING

Non todo é fútbol.

Desde outubro, a SDCR NARÓN O FREIXO terá unha nova actividade para os nenos e nenas de Ferrolterra. RUBEN VILLAR, adestrador nacional da FEK (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE KICKBOXING) ponse á fronte desta modalidade deportiva á que poden apuntarse nenos e nenas desde os catro anos en diante, sen límite de idade.

A continuación, deixamos o cadro dos horarios e animamos a grandes e pequenos, a practicar este deporte.

O importe das clases é de 20 euros (Se xa estas a facer algunha actividade na nosa sociedade, terás prezos especiais, CONSULTA CON NOS)  as clases, serán impartidas por profesionais, con título da FEK (Federación Española de Kickboxing). Para calquera aclaración ou dúbida, deixámosvos o teléfono de contacto de RUBEN VILLAR             

   669 821 450

VAMOS PAULA!, O FREIXO ESTÁ CONTIGO

A rapaza ferrolá Paula Villar foi convocada pola Federación Española de Kickboxing para competir no campionato do mundo Wako. A competición celebrarase este fin de semana en Jesolo, Italia, e a deportista ferrolá participará na categoría junior, de idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos.

Paula Villar competirá nas modalidades de kicklight e lightcontact no peso de -70kg. Para a moza ferrolá, de 16 anos de idade, esta é a súa terceira convocatoria coa selección nacional. De feito, é a segunda vez que compite nun campionato do mundo e tamén participou no europeo.

E é que en 2016 colgouse a medalla de bronce no campionato do mundo de Dublín e o ano pasado repetiu terceira praza no europeo de Skopje, Macedonia. Ademais, foi campioa de España nos anos 2016 e 2017.

En competicións internacionais proclamouse campioa do Open de Atenas na modalidade de lightcontact en febreiro de 2016. Mentres que este anos gañou dúas medallas de bronce no open Austrian Classic de Innsbruck nas modalidades de kicklight e lightcontact.

Na actualidade forma parte do club Narón Ou Freixo e o seu pai, Rubén Villar, é o seu adestrador. Dende a familia da SDCR NARÓN O FREIXO, desexamos moita sorte a PAULA no campionato do Mundo, así como esperamos e desexamos que disfrute ao máximo a experiencia.

Convenio Narón Freixo y LSA

 

 

 

 

 

El club de futbol Narón Freixo y LSA colaboran en la formación de jóvenes deportistas que mediante la práctica del futbol buscan un desarrollo integral de sus habilidades deportivas y personales. Learning Soccer Academy cuenta con profesionales del deporte que gestionan y coordinan diferentes escuelas de futbol en distintos países repartidos en cuatro continentes. El equipo de profesionales de la Learning selecciona los diferentes contenidos de trabajo teniendo en cuenta aspectos fundamentales de desarrollo partiendo del análisis sociocultural, educativo y deportivo del club o entidad.

El convenio parte de una voluntad compartida de crecer en el desarrollo de nuevos métodos de entrenamiento para un ajustado crecimiento de los jóvenes deportistas a partir de los estudios y prácticas realizadas en diferentes entornos deportivos y académicos.

Concretamente con el Narón Freixo hemos realizado distintas actividades formativas para jugadores, entrenadores y familias con el objetivo primero de enriquecer el entorno del club para dar un servicio integral y ajustado a las necesidades de la entidad y de las familias que la componen.

Durante la temporada se van a realizar actividades formativas para conseguir que los deportistas, sus familias y el equipo técnico de la entidad alcance la excelencia deportiva pero sobretodo formativa de sus jóvenes futbolistas. Apostar por la innovación es una declaración de intenciones por parte del club que no satisfecho con su progresión natural fruto del trabajo bien hecho busca en este convenio ser una entidad referente en educación deportiva.

Estamos convencidos que con la ayuda de todas la familias, directivos y entrenadores de la entidad el Narón Freixo va a marcar un antes y un después en las escuelas de futbol de la comarca.

V TORNEO INTERNACIONAL NARON O FREIXO DE FUTBOL 8

Os vindeiros 8 e 15 de setembro celebrarase no Estadio Municipal de Río Seco en Narón o V Torneo Internacional Narón O Freixo de Futbol 8, nas categorías de Benxamíns e Alevíns coa participación de equipos da Península Ibérica. Este ano participan equipos que veñen de lonxe coma son o LLeida e o Victoria de Guimarães.
Participan Cultural Leonesa, Atlético Arteixo, Galicia de Caranza, U.D. Ourense, Ural C.F, Vitória de Guimaräes S.C., Narón O Freixo, E.Luis Calvo Sanz, C.D. Quirinal, C.D. Lugo, R.C. Celta, R.C Deportivo, Xuventude Oroso, Arosa S.C, Atlético Coruña (Montañeros), LLéida Esportiu, C.D. As Pontes C.D. Calasanz, Racing Club Ferrol, Rápido de Bouzas e S.D. O Val.

Como Llegar

 

KICKBOXING NARON FREIXO

NUEVA ACTIVIDAD – KICKBOXING   

A S.D. C. R. NARON O FREIXO, terá esta tempada unha nova actividade. Desde primeiros de outubro, ofrecemos clases de KICKBOXING impartidas por adestradores titulados nacionais da FEK (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE KICKBOXING) e con experiencia en competicións nacionais e internacionais.

Pódense apuntar desde os 4 anos, sen límite de idade. As clases organizaranse en grupos da seguinte maneira:

Grupo de 4 a 9 anos
Grupo de 10 a 14 anos
Grupo de 15 anos en diante.

Non hai limite de idade para practicar este deporte e temos a posibilidade de incluír un grupo de xente adulta que estea interesada en realizar unha actividade física como o Kickboxing, distinta ás habituais.

Para máis información, deixámosvos un teléfono de contacto: RUBEN 669 821 450

Esperámosvos 

Página 14 de 23
1 10 11 12 13 14 15 16 17 18 23