NUEVA ACTIVIDAD – KICKBOXING
A S.D. C. R. NARON O FREIXO, terá esta tempada unha nova actividade. Desde primeiros de outubro, ofrecemos clases de KICKBOXING impartidas por adestradores titulados nacionais da FEK (FEDERACIÓN ESPAÑOLA DE KICKBOXING) e con experiencia en competicións nacionais e internacionais.
Pódense apuntar desde os 4 anos, sen límite de idade. As clases organizaranse en grupos da seguinte maneira:
Grupo de 4 a 9 anos
Grupo de 10 a 14 anos
Grupo de 15 anos en diante.
Non hai limite de idade para practicar este deporte e temos a posibilidade de incluír un grupo de xente adulta que estea interesada en realizar unha actividade física como o Kickboxing, distinta ás habituais.
Para máis información, deixámosvos un teléfono de contacto: RUBEN 669 821 450
Esperámosvos