Categoría: Noticias del club

CALENDARIO LUIS CALVO

 

Presentado O IX Torneo F-11 Alevín

Conservas Calvo

 

A S.D.C.R. NARON FREIXO, disputa por primeira vez, a prestixiosa competición LUÍS CALVO e, xunto ao Galicia de Caranza e o Racing de Ferrol, serán os representantes da nosa comarca. A competición, comezará o 4 de febreiro, no que, noso equipo Alevín, recibirá ao Racing de Ferrol e terminará o 13 de maio, no desprazamento que levará ao NARON FREIXO a enfrontarse co C.D. LUGO. Trece xornadas, que serán a antesala ao prestixioso torneo internacional Alevín Concello de Carballo que se disputará no mes de XUÑO e que espera ao campión da IX Edición do Torneo Luís Calvo, para enfrontarse a equipos como o Barcelona ou R. Madrid, así como a Celta e Deportivo.

O calendario deixa tamén as novedades para este ano de outros dous equipos como o At. Arteixo e o Amio S.D nun ano, no que a S.D.C.R. NARON FREIXO tentará deixar un bo xogo e unha boa imaxe nun Torneo tan esixente como é a LUIS CALVO.

 

 

BO NADAL 2017

 

BO NADAL

 
 
 
Esta semana, disputaremos a derradeira xornada en fútbol-8 do ano 2017, e despois dela os nosos equipos comenzarán un merecido descanso.
No fútbol-11 teran que agardar uns dias mais pero dende o dia 23 eles tamen aproveitaran o NADAL para cargar as pilas e voltar no 2018 con ainda mais forza, xa que esta demostrado que o descanso físico e mental son parte fundamental dos adestramentos, con el evitaremos lesións fisicas e teremos unha mellor predisposicion tanto esforzo fisico coma mental que supoñen  os adestramentos e os partidos.
 
Dende a S.D.C.R. NARON O FREIXO, desexamosvos unhas Felices Festas e un Feliz Ano 2018.
 
 
 

CAMPIONATO GALEGO SELECCIONS COMARCAIS

 

CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS SUB -15

 

Onte, celebrouse en Cambados o Campionato Galego de Seleccións Comarcais sub-15 en categoría masculina e femenina e a nosa xogadora infantil, LAURA TESTA ROCA, participou coa selección de Ferrol.
A selección departamental, conseguía impoñerse ao combinado de Lugo, por un tanto a cero no primeiro partido disputado pola mañá, aínda que non tería a mesma sorte no encontro que lles enfrontaba á selección da Coruña, que se saldaba cun catro a dous para as Coruñesas.
Parabén, Laura, esperamos e desexamos que gozases da experiencia que supón xogar un campionato deste nivel.

Page 16 of 23
1 12 13 14 15 16 17 18 19 20 23