VAMOS PAULA!, O FREIXO ESTÁ CONTIGO

A rapaza ferrolá Paula Villar foi convocada pola Federación Española de Kickboxing para competir no campionato do mundo Wako. A competición celebrarase este fin de semana en Jesolo, Italia, e a deportista ferrolá participará na categoría junior, de idades comprendidas entre os 16 e os 18 anos.

Paula Villar competirá nas modalidades de kicklight e lightcontact no peso de -70kg. Para a moza ferrolá, de 16 anos de idade, esta é a súa terceira convocatoria coa selección nacional. De feito, é a segunda vez que compite nun campionato do mundo e tamén participou no europeo.

E é que en 2016 colgouse a medalla de bronce no campionato do mundo de Dublín e o ano pasado repetiu terceira praza no europeo de Skopje, Macedonia. Ademais, foi campioa de España nos anos 2016 e 2017.

En competicións internacionais proclamouse campioa do Open de Atenas na modalidade de lightcontact en febreiro de 2016. Mentres que este anos gañou dúas medallas de bronce no open Austrian Classic de Innsbruck nas modalidades de kicklight e lightcontact.

Na actualidade forma parte do club Narón Ou Freixo e o seu pai, Rubén Villar, é o seu adestrador. Dende a familia da SDCR NARÓN O FREIXO, desexamos moita sorte a PAULA no campionato do Mundo, así como esperamos e desexamos que disfrute ao máximo a experiencia.