Categoría: Noticias

O NOSO EQUIPO DE KICKBOXING ESTREA TEMPADA NO CAMPIONATO GALEGO DE RING

Esta próxima fin de semana parte do noso equipo de competición acompañados polo seu adestrador RubénVillar Díaz, partirá rumbo a Ourense para participar no campionato galego de ring.

Os competidores que representarán ao noso club na cidade das termas serán Rubén Iglesias Fernández, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández e Borja Blanco Lestayo na modalidade de lowkick e Unai García Conchado na modalidade de fullcontact.

Isto non é máis que o principio da tempada para a nosa sección de kickboxing xa que durante as próximas semanas estará de campionato en campionato do cal seguiremos informando.

Como sempre desde o club mandamos o noso apoio incondicional aos nosos deportistas e desexámoslles que gocen unha vez máis da experiencia.

DOCE METAIS PARA A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING EN OVIEDO

 Doce foron as medallas acadadas polos nosos deportistas da sección de kickboxing o pasado sábado día 14 na final da liga Last Round na cidade de Oviedo.

A repartición das mesmas foi o seguinte, Paula Villar Sánchez conseguía tres ouros e unha prata, Iker Villar Sánchez un ouro e tres bronces, Jhon Kleb Sales Da Silva unha prata e un bronce do mesmo xeito que Unai García Conchado.

Gran final de tempada para os nosos que non podían acabar o ano de mellor forma. Agora toca descansar e repoñer forzas xa que pronto empezarán cunha nova tempada cargada de competicións importantes.

Último desprazamento do ano para a nosa sección de kickboxing

 Este próximo sábado rematará a tempada para a nosa sección de kickboxing, catro dos nosos deportistas participarán no Open Ciudad de Oviedo onde se celebrará a final da liga Last Round.

 Alí participarán o debutante Unai García Conchado, Jhon Kleb Sales Da Silva, Iker Villar Sánchez e Paula Villar Sánchez, quen recollía a pasada semana de mans da presidenta da Federación Deportiva Galega de Kickboxing un recoñecemento como actual bicampioa de España e un premio como deportista feminina con maior proxección internacional.

 Desde o noso club queremos desexarlle á nosa deportistas sorte para este último campionato do ano e sobre todo que gocen da experiencia.

Gran resultado da nosa sección de kickboxing en Gandía

O pasado sábado día 9 seis dos nosos deportistas participaron no II Open Ciudad de Gandía onde se facían con once medallas, dous ouros, catro pratas e cinco bronces.
 
Paula Villar Sánchez gañaba dous ouros, un en kicklight -70kg e lightcontact -65kg, unha prata en lightcontact -70kg e un bronce en kicklight -65kg todas elas na categoría junior feminino.
 
A debutante Paula Fernández Carreras volveu a casa con dúas medallas de prata, unha en kicklight e outra en lightcontact -37kg na categoría cadete menor. Iker Villar Sánchez fíxose cunha medalla de prata en lightcontact e unha de bronce en pointfighting -47kg na categoría cadete menor masculina. Por parte dos senior Borja Blanco Lestayo gañou tres bronces, dous en kicklight -79kg e -84kg e outro en lightcontact -79kg e Francisco Fernández Carreras (tamén debutante) fíxose con outro bronce en kicklight -69kg.
 
Jhon Kleb Sales Da Silva quedou ás portas das medallas tras facer un grandísimo campionato no seu primeiro ano na categoría junior.
 
Unha vez máis desde o noso club queremos felicitar á nosa sección de kickboxing que campionato tras campionato está a lograr grandes éxitos.

 

A NOSA SECCIÓN DE KICKBOXING ESTARÁ NO II OPEN CIUDAD DE GANDÍA

Esta próxima fin de semana seis dos nosos deportistas da sección de kickboxing participarán no II Open Ciudad de Gandía acompañados polo seu adestrador Rubén Villar.

O equipo de competición estará formado por Borja Blanco Lestayo, Jhon Kleb Sales da Silva, os irmáns Paula e Iker Villar Sánchez e os debutantes en competición e tamén irmáns Paula e Francisco Fernández Carreras.

Desde o noso club queremos desexarlles sorte e que gocen deste gran evento que rolda as 500 inscricións.

Página 2 de 5
1 2 3 4 5