Gran resultado da nosa sección de kickboxing en Gandía

O pasado sábado día 9 seis dos nosos deportistas participaron no II Open Ciudad de Gandía onde se facían con once medallas, dous ouros, catro pratas e cinco bronces.
 
Paula Villar Sánchez gañaba dous ouros, un en kicklight -70kg e lightcontact -65kg, unha prata en lightcontact -70kg e un bronce en kicklight -65kg todas elas na categoría junior feminino.
 
A debutante Paula Fernández Carreras volveu a casa con dúas medallas de prata, unha en kicklight e outra en lightcontact -37kg na categoría cadete menor. Iker Villar Sánchez fíxose cunha medalla de prata en lightcontact e unha de bronce en pointfighting -47kg na categoría cadete menor masculina. Por parte dos senior Borja Blanco Lestayo gañou tres bronces, dous en kicklight -79kg e -84kg e outro en lightcontact -79kg e Francisco Fernández Carreras (tamén debutante) fíxose con outro bronce en kicklight -69kg.
 
Jhon Kleb Sales Da Silva quedou ás portas das medallas tras facer un grandísimo campionato no seu primeiro ano na categoría junior.
 
Unha vez máis desde o noso club queremos felicitar á nosa sección de kickboxing que campionato tras campionato está a lograr grandes éxitos.