O NOSO EQUIPO DE KICKBOXING ESTREA TEMPADA NO CAMPIONATO GALEGO DE RING

Esta próxima fin de semana parte do noso equipo de competición acompañados polo seu adestrador RubénVillar Díaz, partirá rumbo a Ourense para participar no campionato galego de ring.

Os competidores que representarán ao noso club na cidade das termas serán Rubén Iglesias Fernández, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández e Borja Blanco Lestayo na modalidade de lowkick e Unai García Conchado na modalidade de fullcontact.

Isto non é máis que o principio da tempada para a nosa sección de kickboxing xa que durante as próximas semanas estará de campionato en campionato do cal seguiremos informando.

Como sempre desde o club mandamos o noso apoio incondicional aos nosos deportistas e desexámoslles que gocen unha vez máis da experiencia.