
A última xornada do 2019, tanto no fútbol como no fútbol sala, estivo marcada polo aprazamento dos partidos do sábado pola tormenta o que deixou moi poucos reultados dos nosos equipos. Os nosos equipos de Liga Galega e Autonómica de fútbol sala non disputaban xornada, e voltan a competición o segundo fin de semán do vindeiro ano.

O que respecta fútbol, os equipos prebenxamíns tiñan xornada de descanso, sendo os partidos aprazados os da categoría infantil. Deixamos unha peqena crónica do partido disputado polos Benxamín A adestrado por Miguel e David, no Municipal da Piscina en San Sadurniño
O BENXAMIN «A» DESPEDIU 2019 EN SAN SADURNIÑO
O pasado venres 20/12/2019, na terceira xornada do grupo 24 da categoría benxamín de fútbol 8 o Benxamín «A» do Freixo visitou San Sadurniño
Nun partido moi aberto e cheo de ocasións de gol o Benxamín «A» terminou sendo derrotado por 7-5.
O Freixo chegou tarde ó partido, e nos primeiros minutos cometeu un par de despistes na saída de balón que lle deron unha clara vantaxe ó San Sadurniño durante o resto do partido.
O Freixo repúxose ben destes contratempos e loitou durante todo o partido para remontar, realizando algunha xogada de combinación moi destacable.
O partido abriuse e os dous equipos dispuxeron de numerosas ocasións.
O San Sadurniño conseguir manter a vantaxe inicial e foi o vencedor final do encontro.
Dende O Freixo despedímonos de 2019 desexándovos un Bo Nadal e un ano 2020 cheo de felicidade fora e dentro dos terrenos de xogo.
Vamos Freixo!!!!

