RESUMEN XORNADA 10.01.2020 – 12.01.2020

Xa estamos de volta  tras o parón Navideño e o fútbol e fútbol sala seguen a sumar xornadas. Antes dos resultados, temos que dar a noraboa os xogadores sub-11 chamados polo seleccionador de Ferrol para un adestramento que terá lugar o martes 14/01/2020 as 19.00 horas nos campos da Gándara.

AARÓN OREONA CRESPO

IAGO PANIAGUA MARTINEZ

DANIEL SANTOS LAGO

Premio máis que merecido o traballo realizado durante estos últimos anos e en especial, durante o que vai desta tempada.

Nesta xornada, no fútbol sala, destaca a victoria dos rapaces da categoría cadete, no partido do domingo contra o Fisober, F.S.F. por dous tantos a un no Municipal de Cee, nun partido moi disputado. Deixamos o cadro de resultados dos nosos equipos nas diferentes categorías.

Tamen destada é, a convocatoria de AITANA VELLÓN CARRASCOSA o adestramento que tivo lugar o día 7 de xaneiro, no pavillón Municipal de Guitiriz coa selección Galega, na categoría infantil Feminina de fútbol sala. PARABÉNS.

En canto a xornada de fútbol, as rapazas que adestra Eva na Liga Galega Promesas, conseguiron a sua terceira victoria consecutiva, no partido disputado no Estadio Municipal de Río Seco.

SCDR Narón O Freixo vs. Xuventude de Crendes

Ambos os equipos comezan dubitativos, nun partido en xeral apagado e con poucas ocasións para ambos os equipos que se están afacendo de novo á rutina tras o parón de Nadal.

As primeiras ocasións tenas o Xuventude de Crendes aínda que sen incomodar demasiado a Paula, a porteira local. Pronto se decanta o marcador ao lado do Narón Freixo cun gol de Aitana tras unha gran xogada individual. Poucas ocasións máis houbo antes de que o árbitro decretase o final da primeira metade, aínda que o os minutos finais as xogadoras do Freixo foron capaces de facer circular ben o balón, pero sen claridade para portería.

Tras o descanso, continúa a mesma dinámica do inicio de partido, na que ambos os equipos gozan de varias ocasións de subir un tanto ao marcador que foron ben liquidadas por ambas as defensas e porteiras. Mediada a segunda metade, un saque de córner de Marcela que remata Aitana pon o 2-0 no marcador, que por pouco evita a porteira rival. Minutos despois unha gran xogada entre Nhaiara e Aitana fai que suba o terceiro gol ao marcador impoñéndose o Freixo por 3-0. Dalgunha ocasión máis gozou o Crendes para recortar distancias pero o resultado só se moveu unha vez máis nos minutos finais co gol visitante, procedente dun saque de esquina, que puxo o 3-1 final no marcador dun partido pouco vistoso pero efectivo para as de Narón.

Xa na Liga local, na categoría pre-benxamín, os rapaces do NARÓN FREIXO “A” conseguían vencer o MIÑO, por 8 tantos a 0.

Partido dominado polos nosos xogadores cunha primeira parte de bo fútbol, entretida e vistosa.. Na segunda , carrusel de cambios e posicións, onde xa primaron as accións individuais sobre o colectivo. O próximo fin de semana visitamos o campo do líder!! Forza Freixo!!

Deixamos o resto dos resultados nas difrentes competicións de fútbol dos nosos equipos.