SUMATE AL ROSA

Toda la información actual
SUMATE AL ROSA

A segunda parte do VI Torneo Narón Freixo, tiña lugar o sábado 14 de setembro. Nun día de moita calor, a cita nesta ocasión era para os equipos de categoría benxamín. Desde as 09.00 horas, máis de 50 partidos por diante ata chegar á final, sobre as 21.00 horas.
Durante toda a xornada, as bancadas do Estadio, presentaron un cheo absoluto, animando aos seus equipos, os pais, avós, amigos e familiares, gozaron dunha festa do fútbol base. Máis de 1.200 persoas, volveron dar cita en Río Seco, un éxito sen precedentes, unha tempada máis, para a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

No plano deportivo, os equipos dividíanse en dous grupos de 8 conxuntos, para dirimir o pase a semifinais. Os dous primeiros clasificados de cada grupo, deixábannos unhas semifinais nas que o Deportivo da Coruña enfrontábase co Galicia de Caranza e o Celta de Vigo tería como rival ao Ural.
Os equipos do terceiro clasificado ao oitavo, seguían disputando partidos de consolación para decidir o seu posto definitivo entre os 16 participantes.


O Deportivo da Coruña, do mesmo xeito que na categoría alevín, conseguía chegar á final, superando por 4 tantos a 0 a un Galicia de Caranza que realizou un magnífico campionato, mentres que a segunda semifinal, eran os pequenos do Ural, os que superaban ao R. C. Celta por 2 tantos a 0.


Na Final, os xogadores do R. C. Deportivo da Coruña, non daban opción a un Ural moi combativo e conseguían o ansiado Trofeo por 2 tantos a 0. No partido polo terceiro e cuarto posto, era o R. C. Celta de Vigo o que levaba o gato á auga, deixando cuarto ao Galicia de Caranza despois de impoñerse por 3 goles a 0.
No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o xogador do Deportivo de A Coruña, HUGO GÓNZALEZ VERGARA e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Rápido de Bouzas, MATEO RODEIRO TRABAZOS.
 
Un ano máis, a S.D.C R. NARÓN O FREIXO, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol base, así como aos nosos patrocinadores UNIGRAF, A ROLDANA, ACEBRE, GALP CATABOIS, A TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………

Así mesmo, ao Concello de Narón, á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.
O sábado, día 7 de setembro, nun día asollado, perfecto para a práctica do fútbol, ás 09.00 horas, comezaba a rodar o balón no Estadio Municipal de Río Seco. Por diante, 64 partidos que nos ían a levar ata máis aló das 22.00 horas. Un total de 20 equipos de categoría alevín, con pequenos nados en 2008 e 2009, farían gozar a un público que, durante toda a xornada, abarrotaba as bancadas dun Estadio que, durante a xornada do sábado, recibiu a máis de 1.200 persoas; desde os xogadores e corpos técnicos, ata o público que se deu cita para gozar dunha xornada maratoniana.

Divididos en catro grupos de cinco equipos, a primeira fase ía levar ata pasadas as 17.00 horas, cun total de 40 partidos, onde os dous primeiros de cada grupo, pasaban a cuartos de final. Así mesmo, os terceiros, cuartos e quintos, disputaría partidos para completar o cadro nos postos finais.
Como cada ano, o alto nivel dos participantes fai que, o pase a semifinais estea cada vez máis complicado. Nesta edición, o primeiro semifinalista sería o Vitoria de Guimaraes despois de conseguir superar ao equipo Luís Calvo por un 3 a 0 e o seu rival sería o Celta de Vigo, que se impoñía por dous goles a cero ao C.D. Lugo. A outra semifinal, disputaríana os equipos de Rápido de Neda que apeaba ao Xuventude de Oroso por un tanto a cero e o Deportivo da Coruña, que conseguía superar ao Ural por tres tantos a cero.


Á ansiada final, despois de máis de 12 horas de fútbol, chegaban o Vitoria de Guimaraes e o Deportivo da Coruña, despois de superar ao Celta de Vigo nos penaltis e ao Rápido de Neda, respectivamente en semifinais. Comezaban marcando primeiro os alevíns do equipo Portugues, pero na segunda metade, reaccionarían os Coruñeses para dar a volta ao marcador e alcanzar a vitoria por tres tantos a un.


No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o número 10 do Celta de Vigo, IAGO BARREIROS NIÑEZ e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Vitoria de Guimaraes, RODRIGO FARIA MORAIS.


Un ano máis, a S.D.C R. NARÓN O Freixo, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol basee, así como aos nosos patrocinadores UNIGRAF, A ROLDANA, ACEBRE, GALP CATABOIS, A TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………
Así mesmo, ao Concello de Narón. Á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.
Esperamos e desexamos que, todos os que se achegaron ao Estadio Municipal de Río Seco, gozasen dunha tarde de festa e de fútbol. Emprazámosvos para seguir gozando deste deporte, o sábado 14 de setembro coa celebración do Torneo en categoría Benxamín. Grazas a tod@s.
O Sábado sete de setembro, arranca o VI TORNEO NARÓN FREIXO coa categoría ALEVIN. Vinte equipos disputarán a SEXTA edición do que xa e considerado un dos mellores Torneos da pretemporada na nosa provincia. Dende as 09.00 horas, máis de trescentos pequenos xogadores, pasarán polo céspede de NARÓN, para disputar máis de SESENTA partidos. Este ano, ademáis das catro provincias galegas, contamos coa presencia de equipos de PORTUGAL, de LEON e ASTURIAS.
Para descargar o pdf do Torneo, so tedes que pinchar AQUI
| 
 
 CATEGORÍA ALEVIN  | 
|||
| 
 Grupo A  | 
 Grupo B  | 
 Grupo C  | 
 Grupo D  | 
| 
 Vitoria de Guimaraes  | 
 Sporting de Braga  | 
 Deportivo de la Coruña  | 
 Celta de Vigo  | 
| 
 Cultural Leonesa A  | 
 Cultural Leonesa B  | 
 Conxo Santiago  | 
 C.D. Calasanz  | 
| 
 Racing de Ferrol  | 
 Atletico Coruña  | 
 Naron Freixo A  | 
 Rapido de Neda  | 
| 
 Ural  | 
 Xuventude de Oroso  | 
 Luis Calvo  | 
 Victoria C.F.  | 
| 
 Rapido de Bouzas  | 
 C.D. Lugo  | 
 Quirinal de Aviles  | 
 U.D. Ourense  | 
| 
 CAMPO 1  | 
 RESULTADO  | 
 
  | 
 CAMPO 2  | 
 RESULTADO  | 
 
  | 
||
| 
 09:00 a 09:20  | 
 Vitoria de Guimaraes – R. de Ferrol  | 
 4 – 0  | 
 GA  | 
 09:00 a 09:20  | 
 Cultural Leonesa A – Ural  | 
 0 – 1  | 
 GA  | 
| 
 09:25 a 09:45  | 
 Sporting de Braga – Atletico Coruña  | 
 2 – 0  | 
 GB  | 
 09:25 a 09:45  | 
 Cultural Leonesa B – Xuv. de Oroso  | 
 0 – 2  | 
 GB  | 
| 
 09:50 a 10:10  | 
 Dep. de la Coruña – Naron Freixo A  | 
 7 – 0  | 
 GC  | 
 09:50 a 10:10  | 
 Conxo Santiago – Luis Calvo  | 
 0 – 0  | 
 GC  | 
| 
 10:15 a 10:35  | 
 Celta de Vigo – Rapido de Neda  | 
 2 – 0  | 
 GD  | 
 10:15 a 10:35  | 
 C.D. Calasanz – Victoria C.F.  | 
 1 – 2  | 
 GD  | 
| 
 10:40 a 11:00  | 
 Vitoria de Guimaraes – R. de Bouzas  | 
 1 – 0  | 
 GA  | 
 10:40 a 11:00  | 
 Cult. Leonesa A – R. de Ferrol  | 
 1 – 1  | 
 GA  | 
| 
 11:05 a 11:25  | 
 Sporting de Braga –C.D. Lugo  | 
 1 – 2  | 
 GB  | 
 11:05 a 11:25  | 
 Cultural Leonesa B – Atletico Coruña  | 
 0 – 0  | 
 GB  | 
| 
 11:30 a 11:50  | 
 Dep. de la Coruña – Quirinal de Aviles  | 
 3 – 1  | 
 GC  | 
 11:30 a 11:50  | 
 Conxo Santiago – Naron Freixo A  | 
 1 – 0  | 
 GC  | 
| 
 11:55 a 12:15  | 
 Celta de Vigo – U.D. Ourense  | 
 6 – 0  | 
 GD  | 
 11:55 a 12:15  | 
 C.D. Calasanz – R. Neda  | 
 1 – 0  | 
 GD  | 
| 
 12:20 a 12:40  | 
 Vitoria de Guimaraes – Ural  | 
 2 – 0  | 
 GA  | 
 12:20 a 12:40  | 
 Racing de Ferrol – R. de Bouzas  | 
 0 – 3  | 
 GA  | 
| 
 12:45 a 13:05  | 
 Sporting de Braga – Xuv. de Oroso  | 
 0 – 2  | 
 GB  | 
 12:45 a 13:05  | 
 Atletico Coruña – C.D. Lugo  | 
 0 – 1  | 
 GB  | 
| 
 13:10 a 13:30  | 
 Dep. de la Coruña – Luis Calvo  | 
 4 – 1  | 
 GC  | 
 13:10 a 13:30  | 
 Naron Freixo A – Quirinal de Aviles  | 
 0 – 3  | 
 GC  | 
| 
 13:35 a 13:55  | 
 Celta de Vigo – Victoria C.F.  | 
 1 – 0  | 
 GD  | 
 13:35 a 13:55  | 
 R. Neda – U.D. Ourense  | 
 2 – 1  | 
 GD  | 
| 
 14:00 a 14:20  | 
 Vitoria de Guimaraes – Cult. Leonesa A  | 
 1 – 0  | 
 GA  | 
 14:00 a 14:20  | 
 Ural – R. de Bouzas  | 
 1 – 0  | 
 GA  | 
| 
 14:25 a 14:45  | 
 Sporting de Braga – Cult. Leonesa B  | 
 1 – 1  | 
 GB  | 
 14:25 a 14:45  | 
 Xuv. de Oroso – C.D. Lugo  | 
 3 – 0  | 
 GB  | 
| 
 14:50 a 15:10  | 
 Dep. de la Coruña – Conxo Santiago  | 
 4 – 0  | 
 GC  | 
 14:50 a 15:10  | 
 Luis Calvo – Quirinal de Aviles  | 
 2 – 0  | 
 GC  | 
| 
 15:15 a 15:35  | 
 Celta de Vigo – C.D. Calasanz  | 
 2- 0  | 
 GD  | 
 15:15 a 15:35  | 
 Victoria C.F. U.D. Ourense  | 
 2 – 2  | 
 GD  | 
| 
 15:40 a 16:00  | 
 Cultural Leonesa A – R. de Bouzas  | 
 1 – 2  | 
 GA  | 
 15:40 a 16:00  | 
 R. de Ferrol – Ural  | 
 0 – 4  | 
 GA  | 
| 
 16:05 a 16:25  | 
 Cultural Leonesa B – C.D. Lugo  | 
 0 – 3  | 
 GB  | 
 16:05 a 16:25  | 
 Atletico Coruña – Xuv. de Oroso  | 
 0 – 1  | 
 GB  | 
| 
 16:30 a 16:50  | 
 Conxo Santiago – Quirinal de Aviles  | 
 1 – 0  | 
 GC  | 
 16:30 a 16:50  | 
 Naron Freixo A – Luis Calvo  | 
 0 – 2  | 
 GC  | 
| 
 16:55 a 17:15  | 
 C.D. Calasanz- U.D. Ourense  | 
 0 – 1  | 
 GD  | 
 16:55 a 17:15  | 
 R. Neda – Victoria C.F.  | 
 2 – 1  | 
 GD  | 
| 
 17:20 a 17:40  | 
 R. Ferrol – Naron Freixo (1)  | 
 3 – 0  | 
 17 al 20  | 
 17:20 a 17:40  | 
 Cult. Leonesa A– Quirinal Aviles (3)  | 
 1 – 2  | 
 13 al 16  | 
| 
 17:45 a 18:05  | 
 At. Coruña – calasanz (2)  | 
 3 – 1  | 
 17 al 20  | 
 17:45 a 18:05  | 
 Cult. Leonesa B– 4ºD (4)  | 
 2 – 1  | 
 13 al 16  | 
| 
 18:10 a 18:30  | 
 Victoria Guimaraes – Luis Calvo (5)  | 
 3 – 0  | 
 1 al 8  | 
 18:10 a 18:30  | 
 Celta de Vigo – C.D. Lugo(6)  | 
 2 – 0  | 
 1 al 8  | 
| 
 18:35 a 18:55  | 
 Xuv. Oroso – R. Neda (7)  | 
 0 – 1  | 
 1 al 8  | 
 18:35 a 18:55  | 
 Dep. Coruña – Ural (8)  | 
 3 – 0  | 
 1 al 8  | 
| 
 19:00 a 19:20  | 
 R. Bouzas – conxo Santiago (9)  | 
 1 – 0  | 
 9 al 12  | 
 19:00 a 19:20  | 
 Sport. Braga – Victoria Santiago (10)  | 
 3 – 1  | 
 9 al 12  | 
| 
 19:25 a 19:45  | 
 Luis Calvo – C.D. Lugo (11)  | 
 1 – 1 (p)  | 
 5 al 8  | 
 19:25 a 19:45  | 
 Xuv. Oroso – Ural (12)  | 
 0 – 1  | 
 5 al 8  | 
| 
 19:50 a 20:10  | 
 Victoria– Celta (13)  | 
 0 – 0  | 
 1 al 4  | 
 19:50 a 20:10  | 
 R. Neda – Dep. Coruña (14)  | 
 0 – 5  | 
 1 al 4  | 
| 
 20:15 a 20:35  | 
 R. Ferrol – Atl. Coruña  | 
 1 – 1 (p)  | 
 17-18  | 
 20:15 a 20:35  | 
 Naron Freixo– Calasanz  | 
 2 – 3  | 
 19-20  | 
| 
 20:40 a 21:00  | 
 Quirinal – Cult. Leonesa B  | 
 1 – 1 (p)  | 
 13-14  | 
 20:40 a 21:00  | 
 Cult. Leonesa A – Ourense  | 
 (p) 2 – 2  | 
 15-16  | 
| 
 21:05 a 21:25  | 
 R. Bouzas – sport. Braga  | 
 (p) 1 – 1  | 
 9-10  | 
 21:05 a 21:25  | 
 Conxo.Santiago – Victoria  | 
 (p) 2 – 2  | 
 11-12  | 
| 
 21:30 a 21:50  | 
 C.D. Lugo – Ural  | 
 1 – 0  | 
 5-6  | 
 21:30 a 21:50  | 
 Luis Calvo- Xuv. Oroso  | 
 (p) 2 – 2  | 
 7-8  | 
| 
 21:55 a 22:30  | 
 Vict. Guimaraes – Dep. Coruña  | 
 1 – 3  | 
 1-2  | 
 21:55 a 22:15  | 
 R.C. Celta – Rap. Neda  | 
 5 – 0  | 
 3-4  | 
