CRÓNICA VI TORNEO NARON FREIXO. CATEGORÍA BENXAMÍN

A segunda parte do VI Torneo Narón Freixo, tiña lugar o sábado 14 de setembro. Nun día de moita calor, a cita nesta ocasión era para os equipos de categoría  benxamín.  Desde as 09.00 horas, máis de 50 partidos por diante ata chegar á final, sobre as 21.00 horas.

Durante toda a xornada, as bancadas do Estadio, presentaron un cheo absoluto, animando aos seus equipos, os pais, avós, amigos e familiares, gozaron dunha festa do fútbol base. Máis de 1.200 persoas, volveron dar cita en Río Seco, un éxito sen precedentes, unha tempada máis, para a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO.

No plano deportivo, os equipos dividíanse en dous grupos de 8 conxuntos, para dirimir o pase a semifinais. Os dous primeiros clasificados de cada grupo, deixábannos unhas semifinais nas que o Deportivo da Coruña enfrontábase co Galicia de  Caranza e o Celta de Vigo tería como rival ao Ural.

Os equipos do terceiro clasificado ao oitavo, seguían disputando partidos de consolación para decidir o seu posto definitivo entre os 16 participantes.

O Deportivo da Coruña, do mesmo xeito que na categoría alevín, conseguía chegar á final, superando por 4 tantos a 0 a un Galicia de  Caranza que realizou un magnífico campionato, mentres que a segunda semifinal, eran os pequenos do Ural, os que superaban ao  R. C. Celta por 2 tantos a 0.

Na Final, os xogadores do  R. C. Deportivo da Coruña, non daban opción a un Ural moi combativo e conseguían o ansiado Trofeo por 2 tantos a 0. No partido polo terceiro e cuarto posto, era o  R. C. Celta de Vigo o que levaba o gato á auga, deixando cuarto ao Galicia de  Caranza despois de impoñerse por 3 goles a 0.

No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o xogador do Deportivo de A Coruña, HUGO GÓNZALEZ VERGARA e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Rápido de Bouzas, MATEO RODEIRO TRABAZOS.

Un ano máis, a  S.D.C R. NARÓN O FREIXO, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol base, así como aos nosos patrocinadores  UNIGRAF, A  ROLDANA,  ACEBRE,  GALP CATABOIS, A  TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………

Así mesmo, ao  Concello de Narón, á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da  FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.