O sábado, día 7 de setembro, nun día asollado, perfecto para a práctica do fútbol, ás 09.00 horas, comezaba a rodar o balón no Estadio Municipal de Río Seco. Por diante, 64 partidos que nos ían a levar ata máis aló das 22.00 horas. Un total de 20 equipos de categoría alevín, con pequenos nados en 2008 e 2009, farían gozar a un público que, durante toda a xornada, abarrotaba as bancadas dun Estadio que, durante a xornada do sábado, recibiu a máis de 1.200 persoas; desde os xogadores e corpos técnicos, ata o público que se deu cita para gozar dunha xornada maratoniana.
Divididos en catro grupos de cinco equipos, a primeira fase ía levar ata pasadas as 17.00 horas, cun total de 40 partidos, onde os dous primeiros de cada grupo, pasaban a cuartos de final. Así mesmo, os terceiros, cuartos e quintos, disputaría partidos para completar o cadro nos postos finais.
Como cada ano, o alto nivel dos participantes fai que, o pase a semifinais estea cada vez máis complicado. Nesta edición, o primeiro semifinalista sería o Vitoria de Guimaraes despois de conseguir superar ao equipo Luís Calvo por un 3 a 0 e o seu rival sería o Celta de Vigo, que se impoñía por dous goles a cero ao C.D. Lugo. A outra semifinal, disputaríana os equipos de Rápido de Neda que apeaba ao Xuventude de Oroso por un tanto a cero e o Deportivo da Coruña, que conseguía superar ao Ural por tres tantos a cero.
Á ansiada final, despois de máis de 12 horas de fútbol, chegaban o Vitoria de Guimaraes e o Deportivo da Coruña, despois de superar ao Celta de Vigo nos penaltis e ao Rápido de Neda, respectivamente en semifinais. Comezaban marcando primeiro os alevíns do equipo Portugues, pero na segunda metade, reaccionarían os Coruñeses para dar a volta ao marcador e alcanzar a vitoria por tres tantos a un.
No plano persoal, quédanos por felicitar ao mellor xogador do Torneo, premio que nesta edición foi para o número 10 do Celta de Vigo, IAGO BARREIROS NIÑEZ e o premio ao mellor porteiro do Torneo, foi parar ás mans do gardameta do Vitoria de Guimaraes, RODRIGO FARIA MORAIS.
Un ano máis, a S.D.C R. NARÓN O Freixo, quere agradecer a todos os voluntarios que, traballaron sen descanso para poder ofrecer esta gran festa do fútbol basee, así como aos nosos patrocinadores UNIGRAF, A ROLDANA, ACEBRE, GALP CATABOIS, A TRASANQUESA, SANTA COMPAÑA…………
Así mesmo, ao Concello de Narón. Á Delegación de árbitros de Ferrol e á Delegación de Ferrol da FGF, pola súa colaboración nesta VI Edición do Torneo Narón Freixo e polo seu apoio constante ao fútbol de base na nosa comarca.
Esperamos e desexamos que, todos os que se achegaron ao Estadio Municipal de Río Seco, gozasen dunha tarde de festa e de fútbol. Emprazámosvos para seguir gozando deste deporte, o sábado 14 de setembro coa celebración do Torneo en categoría Benxamín. Grazas a tod@s.