XIV TORNEO FUTBOL SALA BASE CIDADE DE NARON

Toda la información actual
XIV TORNEO FUTBOL SALA BASE CIDADE DE NARON

CAMPEONS DE COPA CATEGORIA PREBENXAMIN E BENXAMIN
A tempada de futbol salga 2016/2017 pechou a tempada o domingo catro de xuño no pavillón de San Valentín. Nunha xornada maratoniana, desde as 16:00 horas, tiveron lugar as finais de Copa nas categorías de Prebenjamin a Cadete.
Tiñamos presenza en dúas das cinco finais e os rapaces do Freixo fixeron boa a frase de D. Alfredo Dei Stéfano «as finais gáñanse, non se xogan», levantando o título en ambas.
Os prebenjamines, enfrontábanse ao Narón Futsal que viña de gañar a liga. Nun partido moi disputado, con alternativas no marcador para ambos os conxuntos, os pequenos do Freixo, adiantábanse no marcador ao pouco de comezar a final, por medio de MATI; con todo, pouco ía durar a alegría, xa que o FUTSAL, conseguía o empate antes do descanso. Na continuación, de novo nosos «leones», subían o dous a un ao marcador en xogada que culminaba DIEGO AMADO e unha vez máis, os xogadores do FUTSAL, conseguían empatar o partido. Con empate a dous, chegábase ao últimos cinco minutos e era NICO o que conseguía o terceiro tanto, finalizando un contragolpe. O marcador xa non se movería máis e os xogadores que dirixen FRAN e FER conseguían o título de Copa. Parabéns.

Os benxamíns A do Freixo, plantábanse na final de Copa, como flamantes campións de Liga e chegaban ao domingo, invictos en ambas as competicións. Unha tempada espectacular dos xogadores que dirixe NANI. Despois dun máis que apretado final na Liga contra O Parrulo, a final de Copa facía presaxiar un partido igualado. Con todo, os de NANI deixaron o mellor partido para esta final. Empezabamos perdendo, ao pouco de comezar o partido, pero sen deixarse levar polos nervios nin as présas, DIEGO REY conseguía o empate aos poucos minutos e, antes do descanso, DANI e de novo DIEGO REY, conseguían poñer con dous goles de vantaxe ao NARON FREIXO.
O segundo tempo, comezaba con alternativas no xogo, pero o partido parecía moi controlado polos de NARÓN, e aos oito minutos da continuación, DANI subía o cuarto tanto ao marcador. De aquí ao final, control de balón dos xogadores de NANI e a falta de dous minutos, JAVI, sentenciaba o partido conseguindo o quinto tanto e pechando unha final, na que os xogadores do NARON FREIXO conseguiron un dobrete que pecha unha espectacular tempada.
Na entrega de premios, os prebenxamíns, recibieron, ademáis do Trofeo de Campión de Copa, o Trofeo de Subcampión de Liga. Na categoría Benxamín, os rapaces do NARÓN FREIXO, recibiron os Trofeos que os acreditan como Campións de Copa e Liga. Ademáis, os nenos do Benxamín B, recibiron o Trofeo como subcampións do grupo 2. NORABOA RAPACES.
FINALES COPA FUTSAL
O vindeiro domingo día 4 de Xuño, dispútanse as finais da Copa de Futbol Sala no pavillón de San Valentin. A familia do NARÓN FREIXO, terá representación en dúas das cinco finais que se disputarán na tarde do domingo.
Ás 16:00 horas, dará comezo unha xornada maratoniana na cal, os Alevíns serán os primeiros en disputar o seu final.
Ás 16:50 horas, comezará a final prebenjamin entre o NARÓN FREIXO A e o NARON FUTSAL A.

Esperamos e desexamos que, os subcampións de Liga, poidan despedir a tempada co título de Copa e desde aquí, facemos un chamamento á familia do FREIXO para que acuda a animar aos nosos pequenos campións.
O equipo, está formado por FRAN E FER (ADESTRADORES). NICO, TESTA, AARON, ADRI, LEO, MATI e DIEGO, disputará a final contra o NARON FUTSAL A. Moita sorte para este partido.
Concluída a final PREBENJAMIN, ás 17:40 horas, será a quenda para os INFANTÍS. Nesta ocasión, o UNIDADE DE FENE enfrontarase ao PARRULO B.
Ás 18:30 horas, de novo o NARÓN FREIXO, saltará á pista de San Valentin, nesta ocasión en categoría BENJAMIN. Os campións de Liga, tentarán conseguir o dobrete contra «A BELLOTA» O PARRULO.

BENJAMIN A. ADESTRADOR; NANI. DELEGADO: SANTI. XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.
Ás 19:20 horas, terá lugar a última das finais na categoría CADETE.
Unha vez finalizadas todos os partidos, ao redor das 20:30 horas, entregaranse os TROFEOS en todas as categorías, tanto os correspondentes á competición de COPA, como os da liga REGULAR, para dar por finalizada a tempada 2016/2017.
VAMOS FREIXO
LIGA BIBERON FUTBOL SALA
Finalizada a Liga Biberon, os nosos pequenos proclamáronse campións despois de 16 partidos xogados sen coñecer a derrota e cedendo, únicamente un empate. Dende o clube, queremos felicitalos rapaces polo esforzo realizado durante toda a tempada, así como os adestradores que, cada semana adican o seu tempo a coidar das nosas pequenas estrelas.

O equipo dos biberóns, está adestrado por PABLO CAAVEIRO e IVAN SALGUEIRO e formado polos seguintes rapaces: JAIME FONTELA, JOSE LOPEZ, HUGO BLANCO, IKER VARELA, MARCO MONTERO, XABIER CAAVEIRO, LEO GARCIA, MARTIN MEIZOSO, RUBEN SALGUEIRO e SERGIO VAZQUEZ.

TORNEO CONVIVENCIA BIBERONES. FUTSAL 2017
O Narón Freixo de Biberóns, consegue a victoria no Torneo de Convivencia de Fútsal celebrado no Pavillón de San Valentin. Unha xornada festiva, onde os máis pequenos da familia do Freixo, disfrutaron do deporte do fútbol sala, dos amigos e das súas familias.
NORABOA

