CAMPEONES DE COPA PREBENXAMIN E BENXAMIN

 

CAMPEONS DE COPA CATEGORIA PREBENXAMIN E BENXAMIN

 

 

A tempada de futbol salga 2016/2017 pechou a tempada o domingo catro de xuño no pavillón de San Valentín. Nunha xornada maratoniana, desde as 16:00 horas, tiveron lugar as finais de Copa nas categorías de Prebenjamin a Cadete.
Tiñamos presenza en dúas das cinco finais e os rapaces do Freixo fixeron boa a frase de D. Alfredo Dei Stéfano “as finais gáñanse, non se xogan”, levantando o título en ambas.
Os prebenjamines, enfrontábanse ao Narón Futsal que viña de gañar a liga. Nun partido moi disputado, con alternativas no marcador para ambos os conxuntos, os pequenos do Freixo, adiantábanse no marcador ao pouco de comezar a final, por medio de MATI; con todo, pouco ía durar a alegría, xa que o FUTSAL, conseguía o empate antes do descanso. Na continuación, de novo nosos “leones”, subían o dous a un ao marcador en xogada que culminaba DIEGO AMADO e unha vez máis, os xogadores do FUTSAL, conseguían empatar o partido. Con empate a dous, chegábase ao últimos cinco minutos e era NICO o que conseguía o terceiro tanto, finalizando un contragolpe. O marcador xa non se movería máis e os xogadores que dirixen FRAN e FER conseguían o título de Copa. Parabéns.

Os benxamíns A do Freixo, plantábanse na final de Copa, como flamantes campións de Liga e chegaban ao domingo, invictos en ambas as competicións. Unha tempada espectacular dos xogadores que dirixe NANI. Despois dun máis que apretado final na Liga contra O Parrulo, a final de Copa facía presaxiar un partido igualado. Con todo, os de NANI deixaron o mellor partido para esta final. Empezabamos perdendo, ao pouco de comezar o partido, pero sen deixarse levar polos nervios nin as présas, DIEGO REY conseguía o empate aos poucos minutos e, antes do descanso, DANI e de novo DIEGO REY, conseguían poñer con dous goles de vantaxe ao NARON FREIXO.
O segundo tempo, comezaba con alternativas no xogo, pero o partido parecía moi controlado polos de NARÓN, e aos oito minutos da continuación, DANI subía o cuarto tanto ao marcador. De aquí ao final, control de balón dos xogadores de NANI e a falta de dous minutos, JAVI, sentenciaba o partido conseguindo o quinto tanto e pechando unha final, na que os xogadores do NARON FREIXO conseguiron un dobrete que pecha unha espectacular tempada.

Na entrega de premios, os prebenxamíns, recibieron, ademáis do Trofeo de Campión de Copa, o Trofeo de Subcampión de Liga. Na categoría Benxamín, os rapaces do NARÓN FREIXO, recibiron os Trofeos que os acreditan como Campións de Copa e Liga. Ademáis, os nenos do Benxamín B, recibiron o Trofeo como subcampións do grupo 2. NORABOA RAPACES.