FINALES COPA FUTSAL

 

FINALES COPA FUTSAL

 

O vindeiro domingo día 4 de Xuño, dispútanse as finais da Copa de Futbol Sala no pavillón de San Valentin. A familia do NARÓN FREIXO, terá representación en dúas das cinco finais que se disputarán na tarde do domingo.

 

Ás 16:00 horas, dará comezo unha xornada maratoniana na cal, os Alevíns serán os primeiros en disputar o seu final.

Ás 16:50 horas, comezará a final prebenjamin entre o NARÓN FREIXO A e o NARON FUTSAL A.

 

 

Esperamos e desexamos que, os subcampións de Liga, poidan despedir a tempada co título de Copa e desde aquí, facemos un chamamento á familia do FREIXO para que acuda a animar aos nosos pequenos campións.

 

 

O equipo, está formado por FRAN E FER (ADESTRADORES). NICO, TESTA, AARON, ADRI, LEO, MATI e DIEGO, disputará a final contra o NARON FUTSAL A. Moita sorte para este partido.

Concluída a final PREBENJAMIN, ás 17:40 horas, será a quenda para os INFANTÍS. Nesta ocasión, o UNIDADE DE FENE enfrontarase ao PARRULO B.

Ás 18:30 horas, de novo o NARÓN FREIXO, saltará á pista de San Valentin, nesta ocasión en categoría BENJAMIN. Os campións de Liga, tentarán conseguir o dobrete contra “A BELLOTA” O PARRULO.

 

 

BENJAMIN A. ADESTRADOR; NANI. DELEGADO: SANTI. XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.

Ás 19:20 horas, terá lugar a última das finais na categoría CADETE.

Unha vez finalizadas todos os partidos, ao redor das 20:30 horas, entregaranse os TROFEOS en todas as categorías, tanto os correspondentes á competición de COPA, como os da liga REGULAR, para dar por finalizada a tempada 2016/2017.

 

VAMOS FREIXO