LIGA BIBERON

 

LIGA BIBERON FUTBOL SALA

 

Finalizada a Liga Biberon, os nosos pequenos proclamáronse campións despois de 16 partidos xogados sen coñecer a derrota e cedendo, únicamente un empate. Dende o clube, queremos felicitalos rapaces polo esforzo realizado durante toda a tempada, así como os adestradores que, cada semana adican o seu tempo a coidar das nosas pequenas estrelas.

 

O equipo dos biberóns, está adestrado por PABLO CAAVEIRO e IVAN SALGUEIRO e formado polos seguintes rapaces: JAIME FONTELA, JOSE LOPEZ, HUGO BLANCO, IKER VARELA, MARCO MONTERO, XABIER CAAVEIRO, LEO GARCIA, MARTIN MEIZOSO, RUBEN SALGUEIRO e SERGIO VAZQUEZ.