Categoría: Fútbol Sala

FINALES COPA FUTSAL

 

FINALES COPA FUTSAL

 

O vindeiro domingo día 4 de Xuño, dispútanse as finais da Copa de Futbol Sala no pavillón de San Valentin. A familia do NARÓN FREIXO, terá representación en dúas das cinco finais que se disputarán na tarde do domingo.

 

Ás 16:00 horas, dará comezo unha xornada maratoniana na cal, os Alevíns serán os primeiros en disputar o seu final.

Ás 16:50 horas, comezará a final prebenjamin entre o NARÓN FREIXO A e o NARON FUTSAL A.

 

 

Esperamos e desexamos que, os subcampións de Liga, poidan despedir a tempada co título de Copa e desde aquí, facemos un chamamento á familia do FREIXO para que acuda a animar aos nosos pequenos campións.

 

 

O equipo, está formado por FRAN E FER (ADESTRADORES). NICO, TESTA, AARON, ADRI, LEO, MATI e DIEGO, disputará a final contra o NARON FUTSAL A. Moita sorte para este partido.

Concluída a final PREBENJAMIN, ás 17:40 horas, será a quenda para os INFANTÍS. Nesta ocasión, o UNIDADE DE FENE enfrontarase ao PARRULO B.

Ás 18:30 horas, de novo o NARÓN FREIXO, saltará á pista de San Valentin, nesta ocasión en categoría BENJAMIN. Os campións de Liga, tentarán conseguir o dobrete contra «A BELLOTA» O PARRULO.

 

 

BENJAMIN A. ADESTRADOR; NANI. DELEGADO: SANTI. XOGADORES: DIEGO CASTRO, RUBEN PIÑON, DANIEL BARROS, IAGO ROZADOS, MATEO PITA, SERGIO TAJES, CARLOS GONZÁLEZ, DIEGO LÓPEZ, JAVIER VAZQUEZ y DIEGO REY.

Ás 19:20 horas, terá lugar a última das finais na categoría CADETE.

Unha vez finalizadas todos os partidos, ao redor das 20:30 horas, entregaranse os TROFEOS en todas as categorías, tanto os correspondentes á competición de COPA, como os da liga REGULAR, para dar por finalizada a tempada 2016/2017.

 

VAMOS FREIXO

 

 

 

LIGA BIBERON

 

LIGA BIBERON FUTBOL SALA

 

Finalizada a Liga Biberon, os nosos pequenos proclamáronse campións despois de 16 partidos xogados sen coñecer a derrota e cedendo, únicamente un empate. Dende o clube, queremos felicitalos rapaces polo esforzo realizado durante toda a tempada, así como os adestradores que, cada semana adican o seu tempo a coidar das nosas pequenas estrelas.

 

O equipo dos biberóns, está adestrado por PABLO CAAVEIRO e IVAN SALGUEIRO e formado polos seguintes rapaces: JAIME FONTELA, JOSE LOPEZ, HUGO BLANCO, IKER VARELA, MARCO MONTERO, XABIER CAAVEIRO, LEO GARCIA, MARTIN MEIZOSO, RUBEN SALGUEIRO e SERGIO VAZQUEZ.

 

 

 

 

TORNEO CONVIVENCIA BIBERONES FUTSAL

 

TORNEO CONVIVENCIA BIBERONES. FUTSAL 2017

 

O Narón Freixo de Biberóns, consegue a victoria no Torneo de Convivencia de Fútsal celebrado no Pavillón de San Valentin. Unha xornada festiva, onde os máis pequenos da familia do Freixo, disfrutaron do deporte do fútbol sala, dos amigos e das súas familias.

NORABOA 

 

SEMIFINAL CAMPEONATO PROVINCIAL BENJAMIN

CAMPEONATO  PROVINCIAL BENJAMIN PROVICIA A CORUÑA 2016-2017

 

O sábado 22 de Abril as 20:00 horas, os nosos campions benxamines disputan o partido de volta das semifinais polo campionato provincial, contra o ALTO DO VENTO PULPSAL.

No partido de ida disputado no pavillón de As Lagoas, a primeira parte deixaba un xusto marcador favorable os nosos nenos, pero a mala sorte na segunda metade e despois de tres balóns a madeira, facia que os nosos campeones teñan que viaxar cunha desventaxa de un gol.

Sin embargo, sabemos que vai chegar a remontada e dende a familia do NARÓN FREIXO, enviamos moitos ánimos e esperamos e desexamos que, o sábado, acaden o pase a ansiada final do campionato provincial.

VAMOS FREIXO!!!!

 

 

 

 

CAMPEONES DE ESPAÑA

CAMPEONES DE ESPAÑA DE FUTBOL SALA CATEGORIA BENXAMIN

 

RUBEN PIÑON SANZ E DIEGO LOPEZ MORALES proclamáronse Campións de España na mañá de hoxe na Categoria Benxamin de Futbol Sala.

Comezaba con atraso a final que enfrontaba a Galicia e Andalucia. Os galegos comezaban cos cinco de Ferrol de inicio que, non tardaban en demostrar a súa intención de traer o Campionato a casa e nos minutos iniciais, adiantábanse no marcador. Nunha gran primeira parte dos galegos, chegaba o segundo. Nese momento, aparecía Diego López para conseguir o terceiro e dar o cuarto co que llegabamos ao descanso. Unha gran primeira parte, onde Ruben conseguía deixar a porta a cero e Diego, resolvía na dianteira.

Con todo, ninguén dixo que fose fácil e tocou sufrir na continuación. Os xogadores de Andalucia conseguiron meterse no partido e con tres goles, puxeron a tenisión para chegar aos últimos minutos con só un gol de distancia no marcador. Con todo, o electrónico xa non se movería ata o final e os galegos conseguían o título de Campións de España.

NORABOA RAPACES

Página 14 de 26
1 10 11 12 13 14 15 16 17 18 26