CAMPEONES DE ESPAÑA

CAMPEONES DE ESPAÑA DE FUTBOL SALA CATEGORIA BENXAMIN

 

RUBEN PIÑON SANZ E DIEGO LOPEZ MORALES proclamáronse Campións de España na mañá de hoxe na Categoria Benxamin de Futbol Sala.

Comezaba con atraso a final que enfrontaba a Galicia e Andalucia. Os galegos comezaban cos cinco de Ferrol de inicio que, non tardaban en demostrar a súa intención de traer o Campionato a casa e nos minutos iniciais, adiantábanse no marcador. Nunha gran primeira parte dos galegos, chegaba o segundo. Nese momento, aparecía Diego López para conseguir o terceiro e dar o cuarto co que llegabamos ao descanso. Unha gran primeira parte, onde Ruben conseguía deixar a porta a cero e Diego, resolvía na dianteira.

Con todo, ninguén dixo que fose fácil e tocou sufrir na continuación. Os xogadores de Andalucia conseguiron meterse no partido e con tres goles, puxeron a tenisión para chegar aos últimos minutos con só un gol de distancia no marcador. Con todo, o electrónico xa non se movería ata o final e os galegos conseguían o título de Campións de España.

NORABOA RAPACES