Onte foi o día dos alevíns no IX Torneo de Futbol 8 do C.D Cariño, e expectacular foi a participacion do equipo do Narón Freixo adestrado por Cany e Cristobal.
Invictos na fase de grupos, onde gañaron os equipos do Libunca e do Cariño B e empataron co Piñeiros, non tiveron a sorte de cara para poder superalo Cedeira en Cuartos de Final. Unha derrota que apartou os nosos da posibilidade de estar no podio onte en Cariño.
Gran traballo o realizado durante toda a tempada por este equipo, que de seguro nos vai a dar grandes alegrias no que queda de curso e en próximos anos.
 	
