IX TORNEO FUTBOL 8 BENXAMÍN DE CARIÑO

Celebrouse este xoves día 2 o IX Torneo de Fútbol 8 do  C.D Cariño na categoria de Benxamíns, onde competiron os nosos equipos B e C.

Na fase de Grupos os resultados non acompañaron o xogo do equipo do Benxamin C, e resultaron eliminados xa que soio pasaba o primeiro de cada grupo. Mais sorte tivo o Benxamín B, adestrado por Emilio, que despois dunha magnifica xornada de xogo e resultados conseguiu meterse na final que o enfrentou o C.D. As Pontes, e na que caiu derrotado por un apretado  2 a 1, que nos da unha idea da igualdade que reinou en todo o encontro.

Magnificos resultados os acadados polos nosos Benxamíns neste Torneo de Cariño froito, dun ano de intenso traballo destes grandes xogadores que temos a sorte de ter na S.D.C.R NARON FREIXO.