Categoría: Noticias Fútbol 8

ANIMO DIEGO!!!!

Diego Testa, porteiro do noso Benjamin A, foi operado de apendicitis hai uns días e estará fóra dos terreos de xogo durante un mes e medio.

Desde esta web, aproveitamos para enviarche un abrazo moi grande e desexarche unha pronta recuperación, estamos seguros que, nunhas semanas estas de volta na portería.

Animo LEON!!!!

XORNADAS ENTRENAMIENTO ESPECIFICO. R.C. DEPORTIVO A CORUÑA

O Real Club Deportivo da Coruña,  S.A.D, entre as súas actividades de promoción e fomento do fútbol base galego, comprácese en convidar os xogadores da  S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, de categoría  PRE- BENXAMIN:

MARTIN  MEIZOSO GONZALEZ

RUBEN SALGUEIRO MAROÑO

DAVID  VILASUSO DIAZ

As xornadas terán lugar o xoves, 14 de febreiro de 2019 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Desde a  S.D.C. R.  NARON O FREIXO, damos o parabén a estes pequenos futbolistas, así como esperamos e desexamos que gocen desta xornada.

ADESTRAMENTO SELECCIÓN FERROL SUB 12 MASCULINA E FEMENINA

Mañá martes, día 4 de decembro, ás 19.00 horas na Gándara, terá lugar o último adestramento das seleccións de Ferrol, Masculina e Feminina, antes do Campionato de Seleccións Comarcais que se celebrará o xoves, día 6 de decembro.

Para o devandito adestramento, están convocados en categoría masculina, os Alevíns da S.D. C. R. NARÓN O FREIXO:

                                              DIEGO LÓPEZ MORAIS                 RUBÉN PIÑÓN SANZ                  JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ

E, en categoría feminina:

                                                                                                     CANDELA GÓMEZ SEOANE

NORABOA!!!

Page 1 of 27
1 2 3 4 5 27