Categoría: Portada

ATHENAS CHALLENGUE 2019

A pasada fin de semana desprazouse ata Atenas unha pequena delegación da nosa sección de  Kickboxing para participar no  Athens  Challengue 2019,  Open pertencente ás series mundiais de  Wako.

 Os competidores Paula e Iker Villar Sánchez acompañados polo seu adestrador Rubén Villar participaron na devandita competición sendo esta a primeira internacional para a Sección de  kickboxing do NARON FREIXO.

 O balance foi bo xa que Paula de 17 anos de idade, volve con dúas medallas de bronce nas modalidades de  kicklight e  lightcontact categoría  junior (16 a 18 anos) +65 kg e unha de prata que sabe a pouco en  kicklight, en categoría  senior (19 a 40 anos) -70kg xa que o criterio do equipo arbitral prexudicou a Paula.

 Pola súa banda Iker Villar volve cunha medalla de bronce en  kicklight categoría cadete menor -42 kg e queda ás portas das medallas en  pointfight -47kg pasando a rolda de oitavos e perdendo en cuartos por 2 puntos cun neno italiano con moita máis experiencia. A resaltar no caso de Iker que debutou a pasada semana en competición e que este foi o seu primeiro campionato internacional.

 Gran bagaxe para os nosos que competiron nun dos mellores campionatos a nivel mundial.

ATHENS CHALLENGUE. KICKBOXING. GRECIA

O NARON FREIXO, está en ATENAS. Iker e Paula Villar superaron o control de pesada do Athens Challengue de Atenas Grecia. Esta tarde pelexará Iker na modalidade de pointfight no peso de -47kg en categoría cadete menor. E será mañá cando os dous irmáns pelexarán en kicklight e lightcontact. Paula farao na categoría junior en kicklight e lightcontact +65kg e en kicklight senior -70kg. Iker pola súa banda pelexará kicklight e lightcontact en -42kg na categoría cadete menor.

Moita sorte

IV OPEN CIDADE DE SALAMANCA

A pasada fin de semana desprazouse a nosa sección de kickboxing a Salamanca para a súa primeira competición. Para disputar o IV Open Cidade de Salamanca pertencente á liga Last Round. O resultado foi estupendo xa que Paula Villar Sánchez conseguiu dous ouros nas modalidades de kicklight e lightcontact en categoría junior +65 kg.

Os outros tres membros do club debutaban en competición, así Borja Branco Lestayo conseguía a medalla de bronce en kicklight en categoria senior -79 kg e quedaba apeado en cuartos de final na modalidade de lightcontact por un competidor salmantino con moitísima experiencia que foi elixido como mellor competidor do open.

Iker Villar Sánchez cadete menor de -45 kg quedou eliminado en cuartos de final na modalidade de pointfight e tras ir por diante no marcador durante todo o combate o seu rival empatou no último segundo, isto causou que se fixese un extraround de 1 minuto no que Iker perdeu.

En lightcontact Iker gañou a súa pelexa de cuartos de final clasificándose para semis pero unha indisposición retirouno da competición volvéndose para casa cunha medalla de bronce. Jhon Salgues Dá Silva perdeu as súas pelexas en kicklight e lightcontact en categoría cadete maior -52 Kg ante rivais con moita máis experiencia pero plantándolles cara en todo momento, mesmo na modalidade de kicklight foi por diante no marcador no inicio do combate.

Esta semana compiten Iker e Paula no open de Wako Athens Challengue pertencente ás world series.

2ª FASE CAMPIONATO GALEGO SELECCIÓNS COMARCAIS

O sábado, 26 de Xaneiro, terá lugar en Sarria a segunda fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais na categoría Sub -12 de fútbol-8.

A Selección de Ferrol en categoría femenina dirixida por Alex Piñón e Alberto Bouzamayor, xogará contra A Coruña e Ourense. No equipo departamental, foi convocada a xogadora da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, CANDELA GÓMEZ SEOANE.

Na categoría masculina, Jesús Peña e Ismael Pedreiro, contarán na súa lista de catorce xogadores con tres alevíns da S.D.C.R. NARÓN O FREIXO. Para defender a portería, RUBÉN PIÑÓN SANZ, e como xogadores de campo, DIEGO LÓPEZ MORALES e JAVIER VÁZQUEZ LÓPEZ, disputarán os partidos contra as seleccións de A Coruña e Pontevedra.

Dende a S.D.C.R. NARÓN O FREIXO, damos a NORABOA a todos os convocados, en especial, os catro Alevíns da nosa sociedade, esperando e desexando que disfruten da experiencia.

FESTA DE NADAL

FESTA DE NADAL

O vindeiro mércores, 26 de Decembro, a S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, celebrará a súa tradicional festa de NADAL para toda a familia do club. Desde as 17.00 e ata as 21.00 horas, esperámosvos a todos e todas en MARINOLANDIA, onde teremos merenda e bebidas e os nenos e nenas do noso club, poderán gozar dos xogos.

Feliz NAVIDAD

Página 25 de 39
1 21 22 23 24 25 26 27 28 29 39