IV OPEN CIDADE DE SALAMANCA

A pasada fin de semana desprazouse a nosa sección de kickboxing a Salamanca para a súa primeira competición. Para disputar o IV Open Cidade de Salamanca pertencente á liga Last Round. O resultado foi estupendo xa que Paula Villar Sánchez conseguiu dous ouros nas modalidades de kicklight e lightcontact en categoría junior +65 kg.

Os outros tres membros do club debutaban en competición, así Borja Branco Lestayo conseguía a medalla de bronce en kicklight en categoria senior -79 kg e quedaba apeado en cuartos de final na modalidade de lightcontact por un competidor salmantino con moitísima experiencia que foi elixido como mellor competidor do open.

Iker Villar Sánchez cadete menor de -45 kg quedou eliminado en cuartos de final na modalidade de pointfight e tras ir por diante no marcador durante todo o combate o seu rival empatou no último segundo, isto causou que se fixese un extraround de 1 minuto no que Iker perdeu.

En lightcontact Iker gañou a súa pelexa de cuartos de final clasificándose para semis pero unha indisposición retirouno da competición volvéndose para casa cunha medalla de bronce. Jhon Salgues Dá Silva perdeu as súas pelexas en kicklight e lightcontact en categoría cadete maior -52 Kg ante rivais con moita máis experiencia pero plantándolles cara en todo momento, mesmo na modalidade de kicklight foi por diante no marcador no inicio do combate.

Esta semana compiten Iker e Paula no open de Wako Athens Challengue pertencente ás world series.