A pasada fin de semana desprazouse ata Atenas unha pequena delegación da nosa sección de Kickboxing para participar no Athens Challengue 2019, Open pertencente ás series mundiais de Wako.
Os competidores Paula e Iker Villar Sánchez acompañados polo seu adestrador Rubén Villar participaron na devandita competición sendo esta a primeira internacional para a Sección de kickboxing do NARON FREIXO.
O balance foi bo xa que Paula de 17 anos de idade, volve con dúas medallas de bronce nas modalidades de kicklight e lightcontact categoría junior (16 a 18 anos) +65 kg e unha de prata que sabe a pouco en kicklight, en categoría senior (19 a 40 anos) -70kg xa que o criterio do equipo arbitral prexudicou a Paula.
Pola súa banda Iker Villar volve cunha medalla de bronce en kicklight categoría cadete menor -42 kg e queda ás portas das medallas en pointfight -47kg pasando a rolda de oitavos e perdendo en cuartos por 2 puntos cun neno italiano con moita máis experiencia. A resaltar no caso de Iker que debutou a pasada semana en competición e que este foi o seu primeiro campionato internacional.
Gran bagaxe para os nosos que competiron nun dos mellores campionatos a nivel mundial.