Categoría: Portada

Convocatoria da selección Galega para o campeonato de España de kickboxing

Desde o noso club queremos dar o parabén aos catro deportistas convocados para formar parte da Selección Galega de kickboxing que se desprazará a Guadalaxara para participar no campionato de España os próximos días 9,10, 11 e 12 de Maio.

 

Os convocados e as categorías e pesos nas que participarán son:

RUBEN IGLESIAS FERNANDEZ lightcontact junior -63kg.

ADRIAN IGLESIAS FERNANDEZ kicklight junior -69kg.

PAULA VILLAR SANCHEZ kicklight e lightcontact junior -70kg.

IKER VILLAR SANCHEZ kicklight cadete menor -42kg.

 

Moita sorte a todos e sobre todo a disfrutar de esta aventura.

Primeiro Campeonato Galego de kickboxing para o noso clube

Os pasados días 6 e 7 de Abril, celebrouse na cidade de Ourense o Campionato Galego de kickboxing nas modalidades de tatami sport. O noso club participou por primeira vez no mesmo desprazando a seis competidores.

O balance do devandito campionato foi bo, xa que na categoría senior, (de 19 a 40 anos) Borja Branco Lestayo conseguiu dúas medallas de bronce en kicklight e lightcontact -74kg. En categoría junior (16,17,18 anos) Rubén Iglesias Fernández fíxose co primeiro posto na modalidade de lightcontact -63kg, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández gañou na modalidade de kicklight e conseguiu a prata na modalidade de lightcontact -69kg e Paula Villar Sánchez volveu con dúas medallas de prata kicklight e lightcontact e unha de bronce en pointfighting en -70kg. Jhon Kleb Salgues Dá Silva, cadete maior(13,14,15) obtivo a medalla de prata en lightcontact e bronce en kicklight -47kg. Na categoría cadete menor (10,11,12) Iker Villar Sánchez fíxose con dúas pratas en kicklight e pointfighting e un bronce en lightcontact -42kg.

 

Gran bagaxe para os nosos deportistas que seguen recollendo éxitos alí onde van.

ANIMO RI!!!

O pasado venres, Ricardo Martínez Espantoso, sufría unha caída xogando ao fútbol no seu colexio que lle producía a rotura do radio.

Desde a S.D.C.R. NARÓN FREIXO, sumámonos á bonita iniciativa dos seus compañeiros e adestradores do equipo Cadete. Esperamos e desexamos que che recuperes canto antes e poidas volver gozar do fútbol co teu equipo.

ANIMO RI!!!!!!

CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS COMARCAIS. SEGUNDA FASE

A Segunda Fase do Campionato Galego de Seleccións Comarcais, disputase no día de hoxe na localidad de Valga nas categorías SUB-14 e SUB-15. A S.D.C.R. NARÓN FREIXO, conta con representación na categoría feminina con tres xogadoras dos nosos equipos infantís: LAURA TESTA ROCA, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO e MARÍA DÍAZ FUNCASTA.

As xogadoras departamentais, se impuxeron por tres tantos a un ao combinado de Lugo, cun bo partido de nosas tres infantís. Unha vitoria que as clasifica para a fase final do Torneo. 

No terceiro partido, contra Ourense, coa clasificación para a fase final na man, as xogadoras de Ferrol non fixeron tan bo partido e caeron por dous goles a un.

Gran actuación das xogadoras infantís da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, OLIVIA, LAURA e MARIA.

PARABENS!!

PRE-BENXAMIN A. CAMPIÓN DE LIGA

O pasado venres, os nenos adestrados por Jorge e Emilio, delegado Benjamín e Auxiliar Javi, conseguiron matematicamente o Campionato de Liga, ao sumar o punto que faltaba contra o Galicia de Caranza no Estadio de Río Seco.

 

A falta de dúas xornadas para terminar a competición, permanecen invictos con doce vitorias e dous empates.

 

Parabén a todos os compoñentes do Prebenxamín A, así como toda a familia do Freixo polo primeiro título da tempada.

Página 19 de 39
1 15 16 17 18 19 20 21 22 23 39