PRE-BENXAMIN A. CAMPIÓN DE LIGA

O pasado venres, os nenos adestrados por Jorge e Emilio, delegado Benjamín e Auxiliar Javi, conseguiron matematicamente o Campionato de Liga, ao sumar o punto que faltaba contra o Galicia de Caranza no Estadio de Río Seco.

 

A falta de dúas xornadas para terminar a competición, permanecen invictos con doce vitorias e dous empates.

 

Parabén a todos os compoñentes do Prebenxamín A, así como toda a familia do Freixo polo primeiro título da tempada.