Primeiro Campeonato Galego de kickboxing para o noso clube

Os pasados días 6 e 7 de Abril, celebrouse na cidade de Ourense o Campionato Galego de kickboxing nas modalidades de tatami sport. O noso club participou por primeira vez no mesmo desprazando a seis competidores.

O balance do devandito campionato foi bo, xa que na categoría senior, (de 19 a 40 anos) Borja Branco Lestayo conseguiu dúas medallas de bronce en kicklight e lightcontact -74kg. En categoría junior (16,17,18 anos) Rubén Iglesias Fernández fíxose co primeiro posto na modalidade de lightcontact -63kg, o seu irmán Adrián Iglesias Fernández gañou na modalidade de kicklight e conseguiu a prata na modalidade de lightcontact -69kg e Paula Villar Sánchez volveu con dúas medallas de prata kicklight e lightcontact e unha de bronce en pointfighting en -70kg. Jhon Kleb Salgues Dá Silva, cadete maior(13,14,15) obtivo a medalla de prata en lightcontact e bronce en kicklight -47kg. Na categoría cadete menor (10,11,12) Iker Villar Sánchez fíxose con dúas pratas en kicklight e pointfighting e un bronce en lightcontact -42kg.

 

Gran bagaxe para os nosos deportistas que seguen recollendo éxitos alí onde van.