Categoría: Portada

CAMPIÓNS COPA INFANTIL TEMPADA 2018/2019

O mércores véspera de Semana Santa, ás 17:30 horas, os infantís do Freixo disputaban a final de Copa contra o Galicia de  Caranza na Gándara, á que chegaban ambos os equipos despois de superar a O  Val e Racing de Ferrol respectivamente.

 

O encontro empezaba no campo natural da Gándara sen dominador claro e cuns primeiro minutos de repartición de golpes, cun contragolpe dos pupilos de Marcos e Jorge no que David Pardo collía adiantada á defensa e nunha  galopada desde o medio do campo, cruzaba o balón en exceso ante a saída de Iker Castro e o balón saía rozando o poste da portería do  Caranza. Acato seguido, no minuto 5 de partido, un balón ás costas da defensa do Freixo, deixa só a Javier Pita que entra na área e bate por baixo a Marcos, subindo o primeiro gol ao marcador da final.

Con todo, os pupilos de Marcos non viñeron abaixo e na seguinte xogada, era David Pardo novamente o que gañaba un balón na frontal e despois de desfacerse de Gabriel, disparaba cruzado desde o punto de penalti e o balón estrelábase no poste dereito da meta de Iker.

O gol resistíaselle aos de Narón, pero no minuto 12, un balón en profundidade de Bruno Gondar á banda esquerda, é recolleito por  Keko que gaña liña de fondo e o seu centro é rematado en ferro por Adrian Ramallo para poñer as táboas no marcador.

 

Desde ese instante, o NARÓN FREIXO fíxose co dominio do balón no medio campo e o Galicia de  Caranza deixou de inquietar a meta defendida por Marcos e, cando parecía que o empate nos levaba ao descanso, unha falta que Isma saca en longo cara á área, onde aparece David Pardo para cruzar ante a saída de Iker e poñer en vantaxe á  S.D. C. R. NARÓN O FREIXO.

A segunda parte comezou co mesmo ton, dominio da  S.D. C. R. NARÓN FREIXO que aos cinco minutos, materializouse en gol despois dunha xogada desde a banda dereita, onde Olivia toca de fronte para David Rodríguez que move o balón ao centro a Iván que oriente e despraza cara ao medio onde recibe Anxo que filtra o balón á banda esquerda, onde recibe Adrian Ramallo que entra na área e bate ao porteiro na súa saída. Un gol que daba tranquilidade aos xogadores de Marcos.

Desde ese momento, os xogadores do Narón fixéronse coa posesión do balón no medio campo e as ocasións sucedéronse unha tras outra. Primeiro era  Keko o que se plantaba diante do meta do  Caranza e o seu disparo saía rozando o poste esquerdo e a mesma sorte correría o disparo de David Pardo, nunha xogada moi similar á anterior.

O tanto que pechaba a vitoria da  S.D.C.R. NARÓN FREIXO, chegaba no minuto 57. Unha xogada individual de Bruno Gondar por banda dereita, superando a dous rivais e entrando na área, deixando atrás ao central e gañando liña de fondo, o seu pase ao momento de penalti era rematado por David Pardo ao fondo da rede.

Aínda quedaba unha última ocasión nun contragolpe no que Nico recibe na área, pero o seu control foise longo e o porteiro do Galicia fíxose co esférico.

Xusta vitoria da  S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, nun gran encontro de todo o equipo tanto en defensa como en ataque. Noraboa ó corpo técnico MARCOS OTERO, JORGE LOPEZ e ALBERTO PÉREZ e a toda todos os xogadores do equipo infantil.

GALERIA DE FOTOS

 

Parabén campións!!!!

FUTBOL SALA. O Prebenxamin «A» xogase a Liga

O vindeiro domingo, ás 17.40 horas, o Prebenxamin A que dirixe PABLO e conta coa axuda de Oscar Vázquez e Jaime Piñón, ten un partido decisivo para conseguir o título de Liga da categoría.

O partido, que lles enfrontará a A Solaina, no pavillón de As Lagoas na última xornada é decisivo xa que só teñen un punto de ventaxa sobre o segundo clasificado.

De pie: Pablo (adestrador), Xabi, Pepe, Martín, Marco e Sergio. Abajo: Jaime, Ruben, Hugo, Iker e Leo

Durante a tempada, tamén votaron unha mán, os biberóns Yago Mosquera e Sara Caaveiro, polo que, aproveitamos estas liñas para agradecer e felicitar pola sua aportación e traballo. Esperamos e desexamos que disfrutasen do fútbol sala, dos compañeiros e deste gran tempada na S.D.C.R. NARÓN FREIXO.

Quédanos pedir o apoio da gran familia do FREIXO para que non se perdan a cita do domingo e acudan a animar aos nosos Prebenxamíns.

Imos FREIXO!!

 

FUTBOL SALA. O Alevin D xogase a Liga

O vindeiro domingo, ás 16.00 horas, os alevíns que dirixe NANI, con CARLOS como delegado, xóganse a liga de Fútbol sala, en categoría Alevín.

O partido, que lles enfrontará ao Cidade de Narón B, no pavillón da Gándara na última xornada é decisivo xa que só un punto separa a ambos os equipos.

Gran tempada do equipo, composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e que están a un paso de conseguir o Título.

De pie: NANI, THIAGO, IAGO, ALEXANDRE, RUBÉN e CARLOS. Abajo: ARTHUR, DIEGO, MATI, ANTÓN e CARLOS

Quédanos pedir o apoio da gran familia do FREIXO para que non se perdan a cita do domingo e acudan a animar aos nosos Alevíns.

Imos FREIXO!!

FUTBOL SALA. O Alevin D xogase a Liga

O vindeiro domingo, ás 16.00 horas, os alevíns que dirixe NANI, con CARLOS como delegado, xóganse a liga de Fútbol sala, en categoría Alevín.

O partido, que lles enfrontará ao Cidade de Narón B, no pavillón da Gándara na última xornada é decisivo xa que só un punto separa a ambos os equipos.

Gran tempada do equipo, composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e que están a un paso de conseguir o Título.

De pie: NANI, THIAGO, IAGO, ALEXANDRE, RUBÉN e CARLOS. Abajo: ARTHUR, DIEGO, MATI, ANTÓN e CARLOS

Quédanos pedir o apoio da gran familia do FREIXO para que non se perdan a cita do domingo e acudan a animar aos nosos Alevíns.

Imos FREIXO!!

FINAL COPA CATEGORIA INFANTIL. TEMPORADA 2018/2019

O mércores, día 17 de Abril ás 17:30 horas, o equipo INFANTIL da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, disputa a FINAL de COPA fronte ao Galicia de Caranza no cesped de herba natural da Gándara.

Os xogadores que adestran Marcos Otero e Jorge López clasificáronse para a Final de Copa, despois de ser primeiros no Grupo C da 1ª fase, o que lles daba a opción de xogar as semifinais, en eliminatoria de ida e volta contra O Val. Despois de empatar a un gol no campo de Sinde conseguían superar por dous goles a cero ao seu rival no enfrontamento de volta en Río Seco.

Esperamos e desexamos que toda a familia da S.D C.R. NARÓN FREIXO achéguese ás instalacións da Gándara para animar e arroupar ao noso equipo Infantil.

Ánimo e sorte rapaces!!

Página 18 de 39
1 14 15 16 17 18 19 20 21 22 39