FINAL COPA CATEGORIA INFANTIL. TEMPORADA 2018/2019

O mércores, día 17 de Abril ás 17:30 horas, o equipo INFANTIL da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, disputa a FINAL de COPA fronte ao Galicia de Caranza no cesped de herba natural da Gándara.

Os xogadores que adestran Marcos Otero e Jorge López clasificáronse para a Final de Copa, despois de ser primeiros no Grupo C da 1ª fase, o que lles daba a opción de xogar as semifinais, en eliminatoria de ida e volta contra O Val. Despois de empatar a un gol no campo de Sinde conseguían superar por dous goles a cero ao seu rival no enfrontamento de volta en Río Seco.

Esperamos e desexamos que toda a familia da S.D C.R. NARÓN FREIXO achéguese ás instalacións da Gándara para animar e arroupar ao noso equipo Infantil.

Ánimo e sorte rapaces!!