FUTBOL SALA. O Alevin D xogase a Liga

O vindeiro domingo, ás 16.00 horas, os alevíns que dirixe NANI, con CARLOS como delegado, xóganse a liga de Fútbol sala, en categoría Alevín.

O partido, que lles enfrontará ao Cidade de Narón B, no pavillón da Gándara na última xornada é decisivo xa que só un punto separa a ambos os equipos.

Gran tempada do equipo, composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano e que están a un paso de conseguir o Título.

De pie: NANI, THIAGO, IAGO, ALEXANDRE, RUBÉN e CARLOS. Abajo: ARTHUR, DIEGO, MATI, ANTÓN e CARLOS

Quédanos pedir o apoio da gran familia do FREIXO para que non se perdan a cita do domingo e acudan a animar aos nosos Alevíns.

Imos FREIXO!!