Categoría: Portada

PRIMEIRA XORNADA III COPA GALLAECIA

O primeiro de maio, día do traballo, o equipo infantil feminino do FREIXO, disputou a primeira xornada da III Copa Gallaecia en SANXENXO.

O primeiro partido, enfrontaba ás xogadoras de Narón contra o Vitoria de Santiago. Dous tempos de 25 minutos, chegando ao descanso con vantaxe de dous goles a cero. Na segunda metade, as xogadoras de Santiago conseguían recortar distancias, pero ao final, vitoria para a S.D. C. R. NARÓN FREIXO nun bo partido.

No segundo encontro contra o SÁRDOMA, C. F, a igualdade foi a nota predominante. No primeiro tempo, as xogadoras viguesas conseguían adiantarse no marcador. No segundo tempo, as xogadoras do FREIXO tiveron maior dominio, xerando numerosas ocasións para conseguir equilibrar o marcador; con todo, non houbo acerto nos metros finais e a vitoria pola mínima caía ao lado vigués.

Moi boa actuación do conxunto adestrado por MARCO e CARLOS na primeira xornada da III Copa Gallaecia, cun balance dunha vitoria e unha derrota pola mínima.

Unha vez máis, queremos dar as grazas os equipos do Galicia de Caranza, Galicia de Mugardos, Perlio, Esteiro e A Fervenza que coa sua colaboración desinteresada, fixeron posible a participación na III COPA GALLAECIA, así como felicitar a todas as componentes de este conxunto femenino, esperando e desexando que disfrutasen desta primeira xornada.

PARABEN!!!

III COPA GALLAECIA. INFANTIL FEMENINO 2019

Mañá mércores, primeiro de maio, terá lugar en Sanxenxo, a primeira xornada da III Copa Gallaecia Infantil 2019.

A S.D.C.R. NARÓN FREIXO, presenta por primeira vez un equipo infantil feminino, composto por xogadoras do noso propio club e de varios equipos de Ferrolterra.

En total, quince xogadoras dirixidas por MARCO, director deportivo do FREIXO e CARLOS RAMALLO, e contarán coa axuda como delegado do Coordinador da nosa escola JUAN CARLOS VÁZQUEZ.

O equipo estará composto por xogadoras de distintos clubes de Ferrol:

S.D.C.R. NARÓN FREIXO. LAURA TESTA ROCA, MARÍA DÍAZ FUNCASTA, OLIVIA SAAVEDRA BARBERO e CANDELA GÓMEZ SEOANE.

GALICIA S.D.C. MUGARDOSSABELA ROMERO CASTRO e CLARA PEREZ GARCIA.

GALICIA DE CARANZA. SARA CERCIDO CORNIDE e IRIA PITA PÉREZ

C.C.R.D. PERLIO. AITANA VELLON CARRASCOSA.

ESTEIRO F.S. ANDREA RODRÍGUEZ GUMAN

A FERVENZA FSF. INÉS RODRÍGUEZ GRANDE, JULIA RODRÍGUEZ GRANDE, KEIRA ALEXANDRA YANET CABANAS, SOFÍA CALDERÓN CARNERO e SOFÍA FERREIRO FRAGUELA.

As 12:30 horas, o noso equipo disputará o primeiro partido fronte o VICTORIA, F.C. e as 16:30, o segundo contra as rapazas do SÁRDOMA, C.F.

Agradecer os equipos arriba relacionados pola cesión das xogadoras para a disputa deste Torneo.

 

 

 

CAMPIÓNS LIGA FÚTBOL SALA PRE-BENXAMÍN, TEMPADA 2018/2019

O domingo remataban as Ligas no Fútbol Sala e os Prebenxamíns chegaban ó derradeiro partido cunha ventaxa de 1 punto sobre o seu perseguido o Santa Mariña «B». Para levantar a Copa da Liga, era necesario gañar o partido cos enfrontaba os rapaces de A Solaina «A» e así foi.

Nun gran partido dos pequenos da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, no que non daban opcións o seu rival, conseguindo a victoria por un contundente dez a dous final, o que deixaba os rapaces que adestra PABLO e conta coa axuda de Oscar, cun total de once victorias, dous empates e só unha derrota.

Un novo título para a S.D.C.R. NARÓN FREIXO que, con conseguido polo ALEVIN D no grupo primeiro e polo PREBENXAMÍN C no grupo segundo, pecha unha gran temporada para a nosa sociedade no fútbol sala, quedando aún por diputarse as finais de Copa, onde tamén temos representación.

ALEVÍN «D» e PREBENXAMÍN «A» da S.D.C.R. NARÓN FREIXO. CAMPIÓNS DE LIGA TEMPADA 2018/2019

So queda felicitar os Campións, esperando e desexando que disfrutasen do fútbol sala nesta tempada que se pecha. 

PARABÉNS!!!!!

CAMPIONS DE LIGA ALEVIN FUTBOL SALA 2018/2019

O equipo Alevín D, da S.D.C.R. NARÓN FREIXO conseguiu a vitoria no último partido da tempada que lle enfrontaba ao Cidade de Narón B por un resultado de catro goles a un.

En la foto, el Alevín «D» al completo con Juan, presidente del FREIXO. De pie: RUBEN, THIAGO, MATEO, CARLOS, IAGO. Sentados: CARLOS (Delegado), DIEGO, ANTÓN, ALEXANDRE, ARTHUR e NANI (Adestrador). Presidente: JUAN REY.

Ambos os equipos chegaban ao último partido separados por un punto e con opcións de conquistar o campionato. Os xogadores que adestra NANI, non daban opción aos seus rivais no partido do domingo, dominando de principio a fin e conseguindo os tres puntos que lles deixan cunha balance de 8 vitorias, 3 empates e 1 soa derrota na Fase de Liga Regular no Grupo 1ª.

Fántastica tempada para un equipo composto na súa maioría por xogadores de primeiro ano que conseguen levar o Campionato de Liga de Fútbol sala na categoría Alevín, tempada 2018/2019, só quedanos felicitar os Campións.

 

PARABÉNS!!!

CAMPIÓNS PREBENXAMÍN FUTBOL SALA. GRUPO 2

CAMPIÓNS PREBENXAMÍN FUTBOL SALA. GRUPO 2.
 
O equipo PrebexamínC dá S.D. C. R. NARÓN O FREIXO, proclamouse campión de Liga de fútbol sala, no Grupo 2, tempada 2018-2019.
 
Os xogadores que adestra Edgar, conseguiron o título a falta de dúas xornadas para a finalización do campionato, ao impoñerse por 6 goles a 1 ao Unidade de Fene e a falta dunha xornada que se disputará este domingo ás 17:40 horas no pavillón da Malata e que lles enfronta ao Parrulo C.
 
De pie: Ivan Martinez, Xabier, David, Aitor, Diego, Edgar (adestrador). Debajo: Asier, Samuel Alex, Ivan Fernandez e Bruno
 
Parabén a todo o grupo pola gran tempada realizada, na que contan con doce vitorias fronte a unha derrota. Gran traballo e merecido título o conseguido polos pequenos Campións.
Página 17 de 39
1 13 14 15 16 17 18 19 20 21 39