CAMPIÓNS LIGA FÚTBOL SALA PRE-BENXAMÍN, TEMPADA 2018/2019

O domingo remataban as Ligas no Fútbol Sala e os Prebenxamíns chegaban ó derradeiro partido cunha ventaxa de 1 punto sobre o seu perseguido o Santa Mariña “B”. Para levantar a Copa da Liga, era necesario gañar o partido cos enfrontaba os rapaces de A Solaina “A” e así foi.

Nun gran partido dos pequenos da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, no que non daban opcións o seu rival, conseguindo a victoria por un contundente dez a dous final, o que deixaba os rapaces que adestra PABLO e conta coa axuda de Oscar, cun total de once victorias, dous empates e só unha derrota.

Un novo título para a S.D.C.R. NARÓN FREIXO que, con conseguido polo ALEVIN D no grupo primeiro e polo PREBENXAMÍN C no grupo segundo, pecha unha gran temporada para a nosa sociedade no fútbol sala, quedando aún por diputarse as finais de Copa, onde tamén temos representación.

ALEVÍN “D” e PREBENXAMÍN “A” da S.D.C.R. NARÓN FREIXO. CAMPIÓNS DE LIGA TEMPADA 2018/2019

So queda felicitar os Campións, esperando e desexando que disfrutasen do fútbol sala nesta tempada que se pecha. 

PARABÉNS!!!!!