PRIMEIRA XORNADA III COPA GALLAECIA

O primeiro de maio, día do traballo, o equipo infantil feminino do FREIXO, disputou a primeira xornada da III Copa Gallaecia en SANXENXO.

O primeiro partido, enfrontaba ás xogadoras de Narón contra o Vitoria de Santiago. Dous tempos de 25 minutos, chegando ao descanso con vantaxe de dous goles a cero. Na segunda metade, as xogadoras de Santiago conseguían recortar distancias, pero ao final, vitoria para a S.D. C. R. NARÓN FREIXO nun bo partido.

No segundo encontro contra o SÁRDOMA, C. F, a igualdade foi a nota predominante. No primeiro tempo, as xogadoras viguesas conseguían adiantarse no marcador. No segundo tempo, as xogadoras do FREIXO tiveron maior dominio, xerando numerosas ocasións para conseguir equilibrar o marcador; con todo, non houbo acerto nos metros finais e a vitoria pola mínima caía ao lado vigués.

Moi boa actuación do conxunto adestrado por MARCO e CARLOS na primeira xornada da III Copa Gallaecia, cun balance dunha vitoria e unha derrota pola mínima.

Unha vez máis, queremos dar as grazas os equipos do Galicia de Caranza, Galicia de Mugardos, Perlio, Esteiro e A Fervenza que coa sua colaboración desinteresada, fixeron posible a participación na III COPA GALLAECIA, así como felicitar a todas as componentes de este conxunto femenino, esperando e desexando que disfrutasen desta primeira xornada.

PARABEN!!!