Categoría: Portada

CAMPIONS LIGA E COPA. INFANTIL 2018-2019

O sábado catro de maio, Rio Seco acollía o último partido de Liga da categoría infantil da tempada 2018-2019, enfrontado aos locais do FREIXO, contra o Racing de Ferrol “ B”.

Arriba: Marcos Rodríguez, Adrían Ramallo, Ismael Pérez, Felipe Martínez, JORGE PEREZ, MARCOS OTERO, ALBERTO PÉREZ, David Pardo, Alberto Hermida, Iker Valles. Abajo: Bruno Gondar, Anxo Grandal, Gabriel Ciocca, Nicolas Rivas, Ivan Perez, David Gomez, Olivia Saavedra, Angel Deza, Manuel Piñeiro, David Rodriguez, Diego Arias

Nunha mañá soleada, perfecta para a práctica do fútbol no céspede natural de Río Seco, os locais que chegaban á última xornada co Título de Campións de Liga xa no peto, foron recibidos cun respectuoso e deportivo corredor polos xogadores do Racing de Ferrol. Desde aquí, gustaríanos felicitar ao corpo técnico e os xogadores, polo seu bonito e deportivo xesto.

O partido, sen nada en xogo, foi moi disputado de principio a fin. Nada máis comezar o encontro, no minuto 2, un saque de esquina botado por Keko, era rematado no segundo pau por BERTO, subindo o primeiro tanto á marcadora local.
Sen dominador claro, as ocasións sucedíanse en ambas as áreas e no minuto 24, NICOLAS VILARIÑO conseguía o empate para os visitantes.
Pouco despois, unha xogada de David Pardo por banda dereita, gañando liña de fondo e cun centro atrás que ADRIAN RAMALLO non conseguía levar ao fondo da rede e o seu remate íase por encima do traveseiro, poñendo fin á primeira parte con táboas no marcador.
Na continuación, os visitantes conseguían adiantarse aos 5 minutos cun gol de JUAN RODRIGUEZ.
Os locais, tiveron numerosas ocasións, pero os seus dianteiros non conseguiron superar a un ADRIAN BOUZAS que asinou un gran partido, negando o gol en numerosas ocasións aos infantís do FREIXO.
Final con vitoria visitante e os locais que terán que afinar a puntería para a disputa da fase de ascenso a Liga Galega que comeza en dúas semanas.

Só quédanos felicitar ao corpo técnico e xogadores do equipo infantil, pola gran tempada realizada conseguindo o título de Liga e Copa.

Mención especial merecen dous xogadores de casa. É difícil conseguir un título en categorías inferiores, pero BRUNO e KEKO, teñen no seu haber os Campionatos de Liga e Copa nas categorías de Pre- benxamín, Benxamín, Alevín e Infantil

A estes dous pequenos, pero grandes xogadores, únese IVÁN, que chegou ao FREIXO un pouquiño despois e conta cos mesmos campionatos, salvo o de Pre- benxamin. Gran traxectoria a destes grandes futbolistas que, esperamos e desexamos que sigan gozando do fútbol.

 

DOUS OUROS E DOUS BRONCES DO NARÓN O FREIXO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING

A pasada fin de semana celebrouse en Guadalaxara o campionato nacional de kickboxing.

Catro dos deportistas do noso club participaron no mesmo formando parte da selección galega obtendo uns magníficos resultados. Paula Villar Sánchez participou nas modalidades de kicklight e lightcontact na categoría junior -70kg alzándose coa medalla de ouro nas dúas disciplinas, proclamándose bicampioa de España. Rubén Iglesias Fernández pelexou na modalidade de lightcontact junior-63kg, conseguindo un bronce máis que meritorio xa que nese grupo de peso había dezasete competidores. Adrián Iglesias Fernández, participou na modalidade de kicklight junior -69kg, onde se fixo coa medalla de bronce, do mesmo xeito que o seu irmán, nun cadro de catorce competidores. Iker Villar Sánchez, o máis pequeno da expedición, a pesar de non pasar da súa primeira pelexa en cuartos de final na súa primeira participación nun nacional, fixo unha grandísima pelexa na que o resultado foi moi axustado e o seu rival quedou a unha soa saída do tatami de ser descualificado.

O próximo día 25 Paula participará nunha concentración da Federación Española de Kickboxing e Muay Thai no CSD de Madrid, onde asistirán os ouros e as pratas do nacional e de onde sairá a selección que representará a España no campionato de Europa que se celebrará no mes de Agosto en Hungría.

Desde o club queremos felicitar aos nosos competidores e darlles moitos ánimos para que sigan adiante nos seus máis que prometedoras traxectorias deportivas.

ABERTO PRAZO DE INSCRICIÓN TEMPADA 2019/2020

Aberto Prazo de Inscrición tempada 2019/2020

Algo Crece en Narón!!!

No últimos cinco anos, somos a escola que máis creceu no noso Concello. Con equipos competindo en todas as categorías, desde biberóns ata xuvenís, non esperes máis, pásache polas nosas instalacións de Rio Seco e reserva a túa praza para a tempada que vén.

Desde o mércores, 15 de Maio, comeza o prazo para presentar inscricións para a próxima tempada.

Para máis información, de luns a xoves nas instalacións de Rio Seco, onde poderán recoller os documentos para realizar a reserva de praza. Podes descargar o FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN AQUI

CAMPEONATO PROVINCIAL. PRE-BENXAMIN FÚTBOL SALA

O pasado domingo, 5 de maio, os pequenos do Pre- benjamin A de fútbol sala, celebraron o día da nai en Santiago, onde competían polo campionato Provincial.

Unha nova experiencia para estes pequenos que aínda empezan a dar os seus primeiros pasos no mundo do fútbol sala. 

A expedición da S.D.C.R. NARÓN FREIXO, gozou dun día en familia, animando aos nenos que, aínda que non conseguían superar o primeiro partido de semifinais contra o Red blue cinco Coruña, volvían para Narón cun terceiro posto moi meritorio. E non queda outra que felicitar o adestrador PABLO, o seu segundo OSCAR  e a todos os compoñentes de este gran equipo.

Esperamos e desexamos que, tanto pequenos como maiores, gozasen da experiencia.

 

PARABENS!!!!

GALA S.D.C.R. NARÓN FREIXO

O vindeiro venres, día 10 de maio a S.D.C.R. NARÓN FREIXO celebrará a GALA DE PRESENTACIÓN da tempada 2018/2019 no Pazo da Cultura de Narón.

Como cada ano, faremos unha presentación dos nenos e nenas do club, teremos actuacións e algunha que outra sorpresa.

Comezaremos ás 20:15 horas e todos os xogadores e xogadoras do noso club, acudirán co chandal e o polo.

Esperamos e deseamos que toda a familia do FREIXO estea presente e poida gozar dun día de festa.

 

Página 16 de 39
1 12 13 14 15 16 17 18 19 20 39