O sábado catro de maio, Rio Seco acollía o último partido de Liga da categoría infantil da tempada 2018-2019, enfrontado aos locais do FREIXO, contra o Racing de Ferrol “ B”.

Nunha mañá soleada, perfecta para a práctica do fútbol no céspede natural de Río Seco, os locais que chegaban á última xornada co Título de Campións de Liga xa no peto, foron recibidos cun respectuoso e deportivo corredor polos xogadores do Racing de Ferrol. Desde aquí, gustaríanos felicitar ao corpo técnico e os xogadores, polo seu bonito e deportivo xesto.
O partido, sen nada en xogo, foi moi disputado de principio a fin. Nada máis comezar o encontro, no minuto 2, un saque de esquina botado por Keko, era rematado no segundo pau por BERTO, subindo o primeiro tanto á marcadora local.
Sen dominador claro, as ocasións sucedíanse en ambas as áreas e no minuto 24, NICOLAS VILARIÑO conseguía o empate para os visitantes.
Pouco despois, unha xogada de David Pardo por banda dereita, gañando liña de fondo e cun centro atrás que ADRIAN RAMALLO non conseguía levar ao fondo da rede e o seu remate íase por encima do traveseiro, poñendo fin á primeira parte con táboas no marcador.
Na continuación, os visitantes conseguían adiantarse aos 5 minutos cun gol de JUAN RODRIGUEZ.
Os locais, tiveron numerosas ocasións, pero os seus dianteiros non conseguiron superar a un ADRIAN BOUZAS que asinou un gran partido, negando o gol en numerosas ocasións aos infantís do FREIXO.
Final con vitoria visitante e os locais que terán que afinar a puntería para a disputa da fase de ascenso a Liga Galega que comeza en dúas semanas.
Só quédanos felicitar ao corpo técnico e xogadores do equipo infantil, pola gran tempada realizada conseguindo o título de Liga e Copa.
Mención especial merecen dous xogadores de casa. É difícil conseguir un título en categorías inferiores, pero BRUNO e KEKO, teñen no seu haber os Campionatos de Liga e Copa nas categorías de Pre- benxamín, Benxamín, Alevín e Infantil
A estes dous pequenos, pero grandes xogadores, únese IVÁN, que chegou ao FREIXO un pouquiño despois e conta cos mesmos campionatos, salvo o de Pre- benxamin. Gran traxectoria a destes grandes futbolistas que, esperamos e desexamos que sigan gozando do fútbol.