DOUS OUROS E DOUS BRONCES DO NARÓN O FREIXO NO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE KICKBOXING

A pasada fin de semana celebrouse en Guadalaxara o campionato nacional de kickboxing.

Catro dos deportistas do noso club participaron no mesmo formando parte da selección galega obtendo uns magníficos resultados. Paula Villar Sánchez participou nas modalidades de kicklight e lightcontact na categoría junior -70kg alzándose coa medalla de ouro nas dúas disciplinas, proclamándose bicampioa de España. Rubén Iglesias Fernández pelexou na modalidade de lightcontact junior-63kg, conseguindo un bronce máis que meritorio xa que nese grupo de peso había dezasete competidores. Adrián Iglesias Fernández, participou na modalidade de kicklight junior -69kg, onde se fixo coa medalla de bronce, do mesmo xeito que o seu irmán, nun cadro de catorce competidores. Iker Villar Sánchez, o máis pequeno da expedición, a pesar de non pasar da súa primeira pelexa en cuartos de final na súa primeira participación nun nacional, fixo unha grandísima pelexa na que o resultado foi moi axustado e o seu rival quedou a unha soa saída do tatami de ser descualificado.

O próximo día 25 Paula participará nunha concentración da Federación Española de Kickboxing e Muay Thai no CSD de Madrid, onde asistirán os ouros e as pratas do nacional e de onde sairá a selección que representará a España no campionato de Europa que se celebrará no mes de Agosto en Hungría.

Desde o club queremos felicitar aos nosos competidores e darlles moitos ánimos para que sigan adiante nos seus máis que prometedoras traxectorias deportivas.