Categoría: Torneos

TORNEO DE NEDA. INFANTIS

O domingo 10/06/2018 o infantil A participou no torneo de Neda. Quedamos encadrados no grupo co Neda A ,Portuarios A. As Pontes e Olímpico.


Non tiveron moita sorte os nosos infantís; no primeiro partido contra o Portuarios , antes do primeiro minuto….tiro ao pau dos nosos que se marcha fora e a continuación un tiro deles rebota nun defensa e nada pode facer o noso porteiro a pesar de que nun esforzo grande case consegue sacar o balón. O gol non quería entrar e que se repite a situación 8 min máis tarde e encaixamos o segundo gol, despois de enviaar de novo o balón ao traveseiro. Segundo partido contra o olímpico e sós diante do seu porteiro non acertamos a marcar e eles na única aproximación márcannos o 1-0 que sería o resumo final deste partido. Así as cousas 2 partidos e 2 derrotas. Chegamos ao terceiro partido contra os locais do Neda A, e temos ata 3 ocasións claras de gol que non acertamos, resultado final 0-0. Chegamos ao acrto partido do grupo contra As Pontes e novamente despois de ter unha clara ocasión e non acertar….márcannos na seguinte xogada. Aínda así o equipo non baixou os brazos, pelexando e dándolle a volta ao partido para gañalo finalmente por 2-1. En resumo, un bo torneo que de estar medianamente acertados cara ao gol metémonos/metémosnos en semifinais…..

A seguir traballando. Vamos Freixo!!!!!.

IX TORNEO NEDA. PREBENXAMIN A

O sábado 09/06/2018 o “ Prebenxamín A” participou en Neda no “IX Torneo Homenaxe a Erico Pereira”:

No primeiro partido de grupo, xogaron contra o As Pontes, os nenos fixeron un bo enocontro, estiveron moi concentrados e gañaron 2-0. No segundo partido do día, contra O Val, tamén se xogou ben, e ante un bo rival fíxose un partido moi serio e gañouse de novo por 2-0.

Grazas a estes resultados clasificáronse para as semifinais como primeiros de grupo. A semifinal, contra o Neda, equipo organizador, foi un partido de moitos nervios e aínda que O Freixo púxose por diante, o Neda, a falta de tres minutos para acabar conseguiu empatar, así que o pase á final decidiuse a penaltis; o Freixo marcou os tres da súa quenda (moi ben tirados os tres) e o noso porteiro conseguiu eter un dos do Neda, clasificándose así para a final.

Na final, contra o Viveiro, a pesar de ter ocasións ao principio do partido, non se conseguiu marcar, e o Viveiro (que fixo un torneo sobresaliente) aos poucos foise impoñendo, aínda que O Freixo mostrouse competitivo en todo momento, os nenos nunca deron o partido por perdido e tiveron algunha ocasión, o resutado foi de 0-3 a favor do Viveiro, que se proclamou campión do torneo, obtendo O Freixo o subcampeonato.

Parabén aos Subcampións, polo gran torneo realizado !!!!!!!!!!!

TORNEO VILA DE PONTEDEUME

Onte os  Prebenjamines A xogamos o torneo “Vila de Pontedeume”:

Nos partidos de grupo perdemos o primeiro partido contra o Eume “ B” 1-2, xogamos regular, non combinamos moito á parte da xogada do gol, pero o Eume tampouco fixo un bo partido, os seus dous goles foron de córner.

O segundo partido contra o Cedeira xogamos xa moito mellor, pero eles eran bastante superiores (terminaron subcampións, perderon na final contra o  G.  Caranza por un gol co partido case acabado e con bastante mala sorte, un bote estraño que despistou ao porteiro), os nenos competiron moi moi ben e perdemos 0-2.

A semifinal de consolación contra o As Pontes xogaron realmente ben, gañamos 3-1 e os pequenos tiveron controlado o partido en todo momento.

Na final de consolación contra o Racing de Ferrol aguantamos empatados ata a segunda parte, que xa se nos fixo costa arriba, porque os peques estaban xa bastante cansos e acabamos perdendo 1-3.

Portáronse todos xenial, e creo que o gozaron moito.

VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO

O xoves, xornada festiva en Galicia, a familia do Narón Freixo desprazouse a SIGUEIRO para xogar o VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO, nas categorías PREBENXAMIN e BENXAMIN.
Os pequenos que adestra JORGE, todos de primeiro ano na categoría, conseguiron pasar ás semifinais do Torneo despois dunha vitoria e unha derrota, aínda que non conseguiron chegar á final. Gran Torneo o disputado polos nenos, pero o máis importante, unha xornada de convivencia de todo o equipo, onde todos os familiares gozaron dun día festivo, cunha temperatura primaveral.


En canto aos benxamines, cun empate e unha derrota, non conseguiron a clasificación para as semifinais e accederon aos partidos de consolación, conseguindo gañar a semifinal e a final. Bo Torneo o disputado polos leóns e, do mesmo xeito que os máis pequenos, unha xornada para gozar do futbol e da familia nun día festivo e cunha temperatura inmellorable.

TORNEO CATEGORIA BIBERON.

O xoves 17 de maio, os máis pequenos da familia do Freixo, gozaron dun día de Convivencia en Cedeira. Para todos ou a gran maioría, o seu primeiro Torneo de fútbol campo, gozando dun día de primavera. Os primeiros pasos no mundo do fútbol para estes pequenos e por diante, moitos máis Torneos. Esperamos e desexamos que gozasen a experiencia.

 

 

Página 2 de 16
1 2 3 4 5 6 16