VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO

O xoves, xornada festiva en Galicia, a familia do Narón Freixo desprazouse a SIGUEIRO para xogar o VI TORNEO ED XUVENTUDE OROSO, nas categorías PREBENXAMIN e BENXAMIN.
Os pequenos que adestra JORGE, todos de primeiro ano na categoría, conseguiron pasar ás semifinais do Torneo despois dunha vitoria e unha derrota, aínda que non conseguiron chegar á final. Gran Torneo o disputado polos nenos, pero o máis importante, unha xornada de convivencia de todo o equipo, onde todos os familiares gozaron dun día festivo, cunha temperatura primaveral.


En canto aos benxamines, cun empate e unha derrota, non conseguiron a clasificación para as semifinais e accederon aos partidos de consolación, conseguindo gañar a semifinal e a final. Bo Torneo o disputado polos leóns e, do mesmo xeito que os máis pequenos, unha xornada para gozar do futbol e da familia nun día festivo e cunha temperatura inmellorable.