Onte os Prebenjamines A xogamos o torneo “Vila de Pontedeume”:
Nos partidos de grupo perdemos o primeiro partido contra o Eume “ B” 1-2, xogamos regular, non combinamos moito á parte da xogada do gol, pero o Eume tampouco fixo un bo partido, os seus dous goles foron de córner.
O segundo partido contra o Cedeira xogamos xa moito mellor, pero eles eran bastante superiores (terminaron subcampións, perderon na final contra o G. Caranza por un gol co partido case acabado e con bastante mala sorte, un bote estraño que despistou ao porteiro), os nenos competiron moi moi ben e perdemos 0-2.
A semifinal de consolación contra o As Pontes xogaron realmente ben, gañamos 3-1 e os pequenos tiveron controlado o partido en todo momento.
Na final de consolación contra o Racing de Ferrol aguantamos empatados ata a segunda parte, que xa se nos fixo costa arriba, porque os peques estaban xa bastante cansos e acabamos perdendo 1-3.
Portáronse todos xenial, e creo que o gozaron moito.