Categoría: Noticias

Toda la información actual

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

 

xornadas-de-portas-abertas-definitivo 

 

Todos os nenos e nenas que queiran coñecer o noso club, poderán facelo durante os meses de Maio e Xuño, de forma totalmente gratuíta e sen ningún tipo de compromiso.

Se che gusta o futbol ou o futbol-sala, se queres aprender a xogar, facer amigos, divertirte, traballar en equipo e gozar de todos os grandes valores que ten o deporte, o NARÓN – FREIXO é o teu club.

Para a próxima tempada, desde os tres anos, poderás gozar e divertirte practicando o teu deporte favorito. Teremos equipos de Chupetes, Biberóns, Pre-Benjamines, Benjamines, Alevíns e Infantís, en futbol e futbolsala; ademais de Cadetes e Xuvenís en futbol.

Se queres divertirte, xogar, aprender, facer amigos; se che gusta o deporte, non o dubides, ven a coñecernos; esperámoste nas nosas instalacións de Río Seco, se o teu deporte é o fútbol ou no Pavillón das Lagoas, se o teu deporte é o fútbolsala.

Se necesitas máis información, podes poñerte en contacto connosco nos seguintes teléfonos

605 91 74 39 

661 86 16 51

FINAL CAMPIONATO GALEGO SELECCIONS

 

FINAL CAMPIONATO GALEGO SUB-12

 

 

 

 

Dende o Narón-Freixo, queremos dar a Noraboa as xogadoras Alevins Lucia e Laura que, hoxe as 16.30 xogaron a final do campionato galego sub-12.

O partido foi moi disputado e as xogadoras departamentais, adiantábanse no marcador cun golazo da nosa xogadora Laura, que, cun disparo dende fora da área, poñía o 1-0 no marcador.

Sen embargo, as coruñesas non se rendiron e conseguían empatalo encontro.

O partido foi moi igualado e soamente, nos intres finais, a selección Coruñesa, lograba darlle a volta ó marcador, subindo o definitivo 1-2.

Gran partido das nosas xogadoras Alevíns, as que, dende o noso clube, queremos felicitar polo seu Subcampionato Galego Sub-12.

 

 

 

NORABOA CAMPIONAS

 

 

Página 57 de 101
1 53 54 55 56 57 58 59 60 61 101